Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura 2º ciclo prim.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club lectura 2º ciclo prim.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para o club de piratas







 
Nesta ocasión o alumnado de segundo ciclo de primaria, integrante do club de piratas, tiveron a ocasión de gozar dun obradoiro impartido por Alba Souto no que, despois de ler fragmentos de diferentes libros sobre piratas, fixeron un manifesto pirata nun pergameo, uns barquiños en papel con desexos,  e unha bandeira pirata que fixeron ondear para celebrar o final deste curso.
Posteriormente visitaron a aula de informática onde xunto con María Jesús (a animadora do grupo) coñeceron o presente blog da biblioteca e tiveron ocasión de deixar os seus comentarios sobre os post que recollen a súa actividade neste ano e igualmente respostaron a unha enquisa de valoración das actividades realizadas.
Bo verán piratas!!

miércoles, 12 de junio de 2019

Enquisa final do club de lectura

Enquisa para 2º Ciclo de Primaria Club de Piratas  clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui

martes, 7 de mayo de 2019

Club de lectura de piratas, última sesión




Nesta a nosa última reunión deste curso tivemos a sorte de contar coa visita dun "auténtico pirata" que nos contou e cantou "Rique, o pirata, e o loro Pocholo". Tivemos ocasión de participar no conto como lobiñas e cadeliñas e de cantar con el unha canción. E ata atopamos un tesouro agochado !!
Moitas grazas a Enrique Blanco pola súa colaboración.

martes, 23 de abril de 2019

Club de lectura 2º ciclo primaria: Piratas e barcos

Nesta ocasión, ademáis de continuar coa lectura do capítulo 8 do libro de Agustín F. Paz, "A escola de Piratas", onde aparece xa o Capitán Kidd, tivemos ocasión de facer unha pequena representación do "amotinamento" que aparece en dito capítulo.
Ademáis botámoslle un vistazo a dous libros que temos na biblioteca que tratan sobre barcos e piratas: aquí os tedes; quedan na biblioteca, animádevos a descubrilos!!


miércoles, 20 de marzo de 2019

martes, 26 de febrero de 2019

Club de lectura de 2º ciclo primaria: Escola de piratas

Nesta reunión do club estivemos lendo o capítulo 3 "Unha viaxe inesperada", e decidimos que a nós gustarianos que o noso cole tamén baixara pola aba da colina ata o río Tállara e acabásemos na riá de Noia, ainda que millor dixemos de quedar na casa, non vaia ser que fiquemos sen comida suficiente.
Para a vindeira reunión apetécenos traer os nosos debuxos e decidimos que imos montar un barco pirata... ou dous!!

jueves, 31 de enero de 2019

Club de lectura 2º ciclo de primaria; seguimos coa Escola de Piratas

Nesta reunión seguimos lendo e comentando o capítulo 2 da escola de piratas, Dona Clara pareceunos moi estirada e cáenos moi ben a profe Ana. A algún de nós tamén nos gusta escribir contos, se cadra traemos algún para a vindeira sesión do club.
Seguiremos informado...

martes, 11 de diciembre de 2018

Reunión de decembro do club de piratas (segundo ciclo de primaria)



Nesta reunión comezamos a ler e comentar o libro "A escola dos piratas" de Agustín Fernández Paz, e coñecemos a Marta, a protagonista, unha nena que vai a un cole que case podería ser o noso... e que vive nun pobo... que tamén podería ser o noso. Temos moito interés por saber máis dela. Na seguinte reunión do club contarémosvos máis cousas.

martes, 13 de noviembre de 2018

Club de lectura 2º ciclo de primaria: Tres piratas, unha bruxa e algo máis...



Nesta reunión pasámolo moi ben con esta poesía fantástica de Daniel Ameixeiro, cunha fantástica ilustración de Suso Cubeiro. O conto sóubonos a pouco.

lunes, 8 de octubre de 2018

Club de lectura de exploradores: 5º e 6º

Este curso os lectores e lectoras de terceiro ciclo de primaria desexamos explorar libros, contos, bibliotecas, países e reinos reais e imaxinarios, de modo que estamos dispostos a non deixar recuncho sen remexer para sacar á luz as máis fascinantes historias...
Aquí vos van algunas que xa lemos e que nos gustaron:
- O libro de Malala.
- Croqueta e Empanadilla.
- A serie Torres de Mallory.
- Agu Trot.
- Zapatillas rojas
- Harry Potter
- Escarlatina a cociñeira defunta
- One Piece
- Zipi y Zape.
- El diario de Greg




....

viernes, 11 de mayo de 2018

O Club de lectura desde mes é moi importante para nós, xa que neste més celebrase o Día das Letras galegas, un día moi importante para a nosa terra, Galicia.
Por iso, nesta última sesion do club de lectura quixemos facerlle un homenaxe ás nosas letras, a nosa lingua e realizamos diversas tarefas:
Primeiro eliximos entre todos as palabras en galego que mais nos gustaban, por ser as mais bonitas, por que nos encanta como sonan ou o que significan...
Despois cada alumno/a buscou no diccionario o siginificado de dúas palabras, ,leeunas para os demais compañeiros e decorounas. 
Por último colocamolas todas nun panel que titulamos "Palabras nosas, palabras fermosas", aqui tedes o resultado:

viernes, 6 de abril de 2018

Reunión de abril do club de lectura de 2º ciclo de primaria: O día do libro


Este mes é un mes moi importante para o noso Club de lectura, xa que o día 23, conmemoráse o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor.
Na sesión do club de lectura de este mes, fixemos unha lectura sobre este día tan importante. Aprendimos que elixiuse o 23 de abril para conmemorar esta data porque é a data na que morreron dous escritores moi importantes, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. 
Ademais para recordar este día realizamos un "mini libro" aquí o tedes:



jueves, 22 de marzo de 2018

Reunión de marzo do club de lectura de 5º : A pel do mundo e O libro dos porcos


Este xoves 22 tivemos a xuntanza do club de quinto de primaria. Lemos poemas de  A pel do mundo e tamén o Libro dos porcos, de Anthony Browne. Compartimos unha imaxe da reunión.

miércoles, 14 de marzo de 2018

Reunión do club de lectura de 6º en marzo: A pel do mundo



Este mércores 14 de marzo reunímonos o Club de Sexto de primaria. Lemos un fermosísimo poemario de Berta Dávila, A pel do mundo: cada poema céntrase nun personaxe, neno ou nena, e as súas  circunstancias vitais segundo o país, cidade ou sociedade que lle tocou. Cada poema deunos para breves intercambios de opinións.
Aconsellámosvos a todos que o leades

domingo, 4 de marzo de 2018

Club de lectura do segundo ciclo de primaria



O XOVES, 8 DE MARZO, É O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, POR ISO, OS ALUMNOS/AS DO CLUB DE LECTURA DE 3º DE PRIMARIA TIVERON O PRACER DE COÑECER A HISTORIA DE ARTUR E CLEMENTINA, UNHA HISTORIA QUE REINVINDICA O PAPEL DA MULLER NA SOCIEDADE E LOITA CONTRA OS ESTEREOTIPOS SEXISTAS E A DISCRIMINACIÓN.
DESPOIS DA LECTURA COLECTIVA DO CONTO, REFLEXIONAMOS SOBRE ESTA HISTORIA CUNHA SERIE DE ACTIVIDADES ORAIS E ESCRITAS E POR ÚLTIMO REALIZAMOS UN MARCAPÁXINAS PARA CONMEMORAR ESTA DATA.

lunes, 15 de enero de 2018

Clubs de lectura de Primaria: reunións de xaneiro; Desexando Paz

Este mes de xaneiro, as xuntanzas dos Clubs de Lectura de primaria versaron sobre a paz. Leron textos de A. García Teijeiro, Gloria Fuertes e Gloria Sánchez. Logo escribiron as súas mensaxes en pombas e velaquí o resultado que compartimos con todos:



sábado, 18 de febrero de 2017

Roteiro "Camilo José Cela"


O 18 de febreiro os integrantes do Club de lectura "Ä lus de San Finx" acercámonos ao Gaias para ver a exposición "O Centenario dun Nobel",exposición adicada ao noso Premio Nobel Camilio José Cela; os máis pequenos quedaron facendo un obradoiro "Cóntame un conto", ao final poderedes ler o resultado... Tras esta visita acercámonos a coñecer a Biblioteca "Ánxel Casal" e escoitamos un contacontos que nos encantou, igual que a Biblioteca, gustaríanos ter unha parecida .... Xa preto das dúas da tarde collemos o tren na estación de Santiago de Compostela para dirixirnos a Padrón; para moitos de nós era a nosa primeira viaxe en tren, e foi unha experiencia inesquecible. O tren acadou máis de 130 km. por hora, aínda que parecía que iamos despaciño...
Chegamos a Padrón e fomos comer a Galipark en Extramundi. Alí xogamos despois ao Paintball Laser e tamén visitamos a Fundación Cela, onde nos acercaron por medio dos obxectos que alí se custodian á vida do Cela escritor, coleccionista, actor, censor....
E como o prometido é débeda, aquí podedes ler o pequeno relato que artellamos:


Luz converteuse en pantasma fai un século, aló polo 1917, cando aínda era una nena. Dende entón vive nun inframundo chamado Gótica rodeado de espectros coma ela.
Non lle gusta estára alí e por iso leva moito tempo cavilando como pode facer para escapar.
O Señor do Inframundo é a pantasma mais poderosa de toda Gótica. É poderosa porque coñece todos os trucos e feitizos, aprendeunos todos a través do Libro dos Diaños.
Aproveitando un descoido, Luz consegue arrincar una páxina do libro na que se explica como crear un portal que lle permita escapar de alí e voltar ao mundo dos vivos.
O día que consegue activar ese portal ten tan mala sorte que no canto de poder sair ela, cae dentro do inframundo un rapaz chamado Lucas. Luz ó principio alporizase moitísimo, pero cando cae na conta de que Lucas está moi asustado comeza a sentir compaixón por el.
Pouco a pouco van trabando amizade e sorteando os perigos do inframundo, o feitizo para abrir a porta entre os dous mundos só se pode empregar nunha data concreta así que durante este tempo Luz deixa de ser un ser resentido e escuro e vaise facendo mais alegre e sorrinte.
Cando ese día por fin chega, caen na conta de que é imposible que os dous crucen o portal ó tempo. Sentíndose culpable, Luz obriga a Lucas a marchar. Así o rapaz consegue voltar cos seus seres queridos e Luz resígnase a quedar eternamente en Gótica.

Pero a súa alma é tan bondadosa agora que sacrificou a sua oportunidade por devolver a Lucas á súa casa que é posible que non quede para sempre no inframundo.

domingo, 19 de junio de 2016

sábado, 9 de mayo de 2015

Roteiro Xaquín Marín " Humor a carón do mar"

Este sábado fixemos un percorrido pola Ría de Ferrol relacionado co humor. Comezamos polo Museo do Humor de Fene, onde aprendemos moreas de cousas sobre Xaquín Marín, Siro e outros humoristas galegos e do resto do mundo.


Visita ao Museo dos alumnos/as




 Visita dos adultos ao Museo


Vendo o vídeo explicativo do Museo


Obradoiro de viñetas dos alumnos/as





Taller de animación á lectura dos adultos





Tras unha pausa para a comida, comezamos a visita de Ferrol polo Asteleiro Navantia, onde visitamos o museo, os diques 2 e 3 e parte da factoría.


Posteriormente dirixímonos ao Castelo de San Felipe, a estrada deixounos ver vistas maravillosas da praia e lagoa de Doniños e do Porto Exterior.

No Castelo de San Felipe metémonos na pel do destacamento que o protexía dos piratas e dos exércitos invasores. Non tivemos ningunha baixa!!


Finalmente fixemos un percorrido por Ferrol en feminino dende o Porto ata o Teatro Jofre, cunha degustación dos excelentes churros e buñuelos da Bola de Ouro.
Un día moi intenso... pero que mereceu a pena...
Cales foron as vosas impresións?

sábado, 21 de junio de 2014

II Festa da Lectura

Nesta II Festa da Lectura as actividades que realizamos foron: Primeiro apadriñamentos lectores entre os nosos "leons e leonas de libros" do club de lectura, grupos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria e os de secundaria con nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.














































 Despois tivemos unha reparadora merendola na biblio con fondue de queixo incluída, biscoito e chuches... algunha das pequenas nos dixo "Pero non era que non se podía comer na biblioteca?". Pois tes razón, pero un día é un día!





Xa ben fartiños tivemos o pracer de recibir a Serafín Marcos, cunha animación en torno á figura de Díaz Castro, na que participamos encantados.






E aproveitamos para entregar algúns dos premios pola portada da revista Xogaina aos seus autores e autoras; aquí nos vedes nas fotos:




Ata a vinderia edición! Boas vacacións a todos e a todas!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...