Mostrando entradas con la etiqueta Dragal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dragal. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de mayo de 2016

Club de lectura de secundaria: Xogo de rol no Pico Sacro

O venres 27 de maio Os leóns do Cernadas desenvolvemso a derradeira actividade do Proxecto Dragal: xogo de rol no Pico Sacro e encontro coas otras Fraternidades do Dragón: Vedra, Salvaterra, O Carballiño, Cotobade e Becerreá.
Tivemos que sortear diversas probas, duras e arriscadas, para, finalmente, sermos investidos Cabaleiros e Damas da Orde do Dragal.
Compartimos convosco imaxes da actividade:




Ata a próxima, dragaliñ@s!!!

viernes, 29 de abril de 2016

Séptima reunión do club de lectura de secundaria: Recapitulando Dragal


Nesta reunión estivemos recapitulando o lido sobre Dragal e respondendo ao cuestionario que se atopa na páxina oficial do Proxecto Dragal, algunhas preguntas non as soubemos contestar de modo que acordamos botarlle un novo repasiño ao libro.

viernes, 25 de marzo de 2016

Sexta reunión do club de lectura de secundaria: Rodando curtas para o proxecto Dragal.


Este mes ademáis de seguir comentado Dragal estivemos a rematar e visionar as curtas que elaboramos para o proxecto Dragal: unha coas lendas de Lousame, outra coa presentación do noso cole e outra coa presentación do Concello de Lousame. Tamén estivemos lendo en que consistía o xogo de rol no que participaremos no mes de maio no Pico Sacro.

viernes, 26 de febrero de 2016

Quinta reunión do club de lectura de secunaria





Nesta nova reunión estivemos preparando o roteiro literario a Rianxo do sábado 5 de marzo, lembrando a figura de Castelao, que xa traballamos o curso pasado, e lendo o relato  "O vello que quería ve-lo tren" de Rafael Dieste; (para algúnhas foi unha relectura, porque xa o coñecían). Destacaron a tristura do relato pola imposibilidade do vello protagonista de coñecer ese mundo que hai fora da súa aldea,  e o poema "Non pode ser" de Manuel Antonio.
Respecto a Dragal, estivemos lendo a organización do xogo de rol no que esperamos participar a finais de curso e estivemos dando ideas para o blasón e decidindo as personaxes que queriamos interpretar.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...