Mostrando entradas con la etiqueta Festa Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa Lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para o grupo de cine e intriga


Nesta ocasión Alba Souto preparou unha actividade en torno á triloxía da Materia Oscura de Phillip Pullman, facendo unha comparanza entre os libros, o tráiler da película "A brúxula dourada" e o tráiler da serie que está a preparar HBO. Rematou o obradoiro cunha sesión de meditación "deimon " incluído!! E por suposto, fixeron a súa valoración das actividades do club.

Desgrazadamente, nesta ocasión só podemos contar no obradoiro co alumnado de terceiro de ESO, xa que finalmente o alumnado de segundo de ESO do club de lectura tiña que acudir a outra actividade.

Festa da lectura: Obradoiro para o grupo de banda deseñada




Para o grupo de Banda Deseñada, e sabendo a súa afección polos mangas e animes, Alba Souto organizou unhas batallas de rol cos heroes e heroínas máis coñecidos. Este grupo tivo tamén a ocasión de revisar as novas adquisicións que en manga e banda deseñada realizou a biblioteca, tendo en conta tamén as peticións dos propios participantes no club de lectura. Igualmente realizaron a enquisa de valoración proposta.

miércoles, 19 de junio de 2019

Festa da lectura: Obradoiro para terceiro ciclo de primaria, club de exploradores





Para o alumnado de terceiro ciclo de primaria, que amosaron unha grande afición teatral, Alba Souto preparou un obradoiro de improvisación de situacións teatrais, que foron intepretadas con grande entusiasmo e moitas risas por parte do alumnado participante.
A animadora do Club, María Jesús tamén aproveitou a festa para amosarlles as novas adquisicións en teatro que fixo a biblioteca cara a vindeiras edicións do club de lectura, con fondos de teatro tanto para primaria como secundaria. Igualmente tiveron a oportunidade de coñecer o blog da biblioteca e deixar os seus comentarios así como as súas valoracións.

Festa da lectura: Obradoiro para o club de piratas







 
Nesta ocasión o alumnado de segundo ciclo de primaria, integrante do club de piratas, tiveron a ocasión de gozar dun obradoiro impartido por Alba Souto no que, despois de ler fragmentos de diferentes libros sobre piratas, fixeron un manifesto pirata nun pergameo, uns barquiños en papel con desexos,  e unha bandeira pirata que fixeron ondear para celebrar o final deste curso.
Posteriormente visitaron a aula de informática onde xunto con María Jesús (a animadora do grupo) coñeceron o presente blog da biblioteca e tiveron ocasión de deixar os seus comentarios sobre os post que recollen a súa actividade neste ano e igualmente respostaron a unha enquisa de valoración das actividades realizadas.
Bo verán piratas!!

domingo, 19 de junio de 2016

miércoles, 17 de junio de 2015

III Festa da Lectura


































De novo tivemos a oportunidade de reunirnos todos e todas as participantes no club de lectura  nunha nova Festa da Lectura, na que tivemos novos apadriñamentos lectores, unha sesión de Karaoke e concursos, e a nosa clásica merendola.
Agardámosvos o vindeiro curso no CLUB DE LECTURA.

sábado, 21 de junio de 2014

II Festa da Lectura

Nesta II Festa da Lectura as actividades que realizamos foron: Primeiro apadriñamentos lectores entre os nosos "leons e leonas de libros" do club de lectura, grupos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria e os de secundaria con nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.














































 Despois tivemos unha reparadora merendola na biblio con fondue de queixo incluída, biscoito e chuches... algunha das pequenas nos dixo "Pero non era que non se podía comer na biblioteca?". Pois tes razón, pero un día é un día!





Xa ben fartiños tivemos o pracer de recibir a Serafín Marcos, cunha animación en torno á figura de Díaz Castro, na que participamos encantados.






E aproveitamos para entregar algúns dos premios pola portada da revista Xogaina aos seus autores e autoras; aquí nos vedes nas fotos:




Ata a vinderia edición! Boas vacacións a todos e a todas!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...