Mostrando entradas con la etiqueta Xaquín Marín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xaquín Marín. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de febrero de 2015

Nova reunión do club de lectura de secundaria



Este venres reunímonos de novo, como vedes polas fotos para prepararnos xa para a celabración do 8 de marzo. Comezamos a nosa reunión lendo a definición de feminismo do libro "Yo no soy feminista pero..." de Sophie Grillet  e lemos parte do "Diario Violeta de Carlota" de Gemma Lienas



Lembramos a  Malala, Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro; de esta última lemos e cantamos coa versión de Amancio Prada  "Adios ríos, adios fontes"



Por último presentamos ao grupo seguintes libros que tamén vos recomendamos:



A segunda parte da reunión adicámoslla a Xaquín Marín, do cal relatamos a súa traxectoria no mundo do Cómic e como fundador e director do Museo do Humor de Fene.
Del lemos as historietas "O emigrante" entroncando coa poesía de Rosalía e "A leiteira". Presentamos a "Gaspariño" e reflexionamos sobre distintas viñetas dos "pes" e da "testa". Viñetas recollidas a maioría do volume "Dos pés á testa" e  "Cen + cen pés". Inquietounos moito a súa visión áceda e crítica da vida.

viernes, 30 de enero de 2015

30 de Xaneiro: Día da Ilustración

Co gallo desta conmemoración fixemos unha exposición ao redor da figura de Castelao, que da orixe a celebración e a de Xaquín Marín, ilustrador que imos traballar nos clubs de lectura. Os retratos de Castelao e Xaquín Marín, xunto coa decoración, foron feitos polo Departamento de Plástica








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...