viernes, 27 de febrero de 2009

Conta saldada, de Suso de Toro

Este libro cóntanos a historia dunha rapaza á que lle morre o pai.Ela séntese moi mal e decide ir a onde traballaba este, para recordar cousas, e cando xa está alí, o sorprendente é que lle aparece o pai na pantalla do ordenador; chea de medo, escoita o que seu pai lle di, que el non se matou, que o asasinaron, e que ela ten outro irmán, entre outras moitas cousas.Decide ir buscar ó suposto irmán, quere que el a cambio de cartos a axude a vingarse do señor que matou ó seu pai. E así é, el acepta o trato.Cando xa quedaran un día para ir a onda aquel misterioso señor, Xermán, o suposto irmán, díxolle que se estaba arrepentindo. Pero na casa do suposto asasino, todo se complica...Se che gustan as historias macabras e de misterio, este é o libro perfecto.“O primeiro, que eu non me suicidei. Se me quixese non me tiraba ó patio de luces desde un primeiro piso, por moita lousa de pedra que teña. Así non se dá suicidado ninguén por moito empeño que poña. Matáronme aquí no despacho. Despois tiráronme ó patio.”

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...