sábado, 27 de noviembre de 2010

CLUB DE LECTURA RAPACES


Ola......., o pasado venres reunímonos por segunda vez todos os rapaces/as que pertencemos ao club de lectura. Falamos dos libros que lemos durante este mes e escribimos as nosas impresións neste mesmo blog; foi moi emocionante, durante unha hora non paramos de intercambiar impresions sobre os libros lidos e incluso nos atrevemos a recoméndalos por cursos. Ao rematar, escollemos novas obras, pero esta vez teredes que esperar ata a volta de vacacións de Nadal para saber o que nos pareceron. A vindeira reunión será o venres 14 e xaneiro. Ata entón podedes ir mirando o que a seguir tedes sobre o que lemos este mes.

As nosas próximas lecturas van ser:
Molly Moon detiene el mundo, de Georgia Bying.
Viaje al cento de la tierra, de Julio Verne.
Os megatoxos e a espada esmeralda, de Anxo Fariña.
El hobbit, de Tolkien.
Secuestrado, de Robert L. Stevenson.
El extraño caso del Dr. Jekyll e y Mr. Hyde, de Roberte L. Stevenson.
O demo da botella, de Xosé Miranda.
El señor de los Anillos I, de Tolkien.
Esperámosvos dentro de mes e pico....... deica logo!!!!!!!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...