sábado, 29 de enero de 2011

Club de lectura adultos 2ª sesión



Nesta sesión comentamos os contos de Michel Tournier: "Amandine e os dous xardíns" e "O Urogalo"; respecto ó primeiro pensamos que a experiencia da adolescencia ten cambiado bastante dende a nosa época (dende os anos 80 ata os 90) respecto da que están a vivir os nosos fillos/as, estamos esperando tamén a saber a opinión dos rapaces do clube de lectura sobre este conto para saber qué é o que eles nos comentan. Respecto o segundo conto "O Urogalo", pensamos que aínda que reflicte unha mentalidade xa en parte superada, a temática da asunción da dor e da frustación, dos desexos non satisfeitos, dos medos e da impotencia, da dificultade de comunicación entre home e muller, son constantes do xénero humán ós que cada un temos que atopar a nosa forma de encaralos.


Tamén comentamos o prólogo do libro "Si una noche de invierno un viajero" de Italo Calvino, o que nos fixo reflexionar sobre o nosos hábitos lectores, preferencias e manías. Este é un libro no que os protagonistas son un lector e unha lectora, ou mellor, todos os lectores e lectoras. Lédelo e verédesvos nalgún momento recoñecidos e retratados.



Por último aproveitamos a ocasión para adentrarnos noutros mundos lectores que nos aporta Internet: os libros en PDF, e os vídeos sobre escritores/as que podemos atopar na rede; cos cales a nosa visión da obra literaria pode ser máis ampla.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O Urogalo: gustounos moito, sobre todo a temática.
A Boda de Chon Recalde: Sempre a pluma de Torrente indiscutible. Milucha e Susana

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...