Cando tivemos que escoller un nome para o noso club de lectura, rápidamente pensamos nas minas de San Finx, que tanta importancia tiveron e teñen no noso concello de Lousame, igualmente viñeronnos á mente outras minas, literariamente moito máis famosas: as minas de Moria do Señor dos Aneis, libro ó que lle rendemos homenaxe cos nomes dos autores deste blog e xa que o wolframio ou tungsteno é necesario para fabricar os filamentos das lámparas incandescentes , imaxinámonos un percorrido literario por San Finx-Moria, sen orcos pero con moitos libros e aventuras a descubrir. "Á lus do candil" de Anxel Fole inspirounos tamén o noso nome pois era baixo a que se contaban aqueles contos de lobos, de aparecidos, historias extraordinarias herdadas de tempos de lobos, de fame, de frío, de invernos ante a lumbre da lareira, onde, se cadra o viaxeiro da noite de inverno de Italo Calvino poidera terse sentado para enxergar os seus trece relatos, con Aragorn fumando a súa pipa envolto na sombra dun recuncho da cociña cos pes enriba dun tallo.
Nesta ocasión escollemos mergullarnos nos "Contos" de Fole, "Á lus do candil" e enfrontarnos "Os lobos". Boas lecturas!!!
Nesta ocasión escollemos mergullarnos nos "Contos" de Fole, "Á lus do candil" e enfrontarnos "Os lobos". Boas lecturas!!!
1 comentario:
recórdame ás historias que me contaba meu avó.
Publicar un comentario