
Este luns 3 de outubro, o club de lectura de adultos comezou unha nova andaina con novas participantes ás que lle damos a nosa máis alegre benvida. Animamos dende aquí a todos aqueles lectores adultos a que se animen e nos acompañen!!
Na primeira sesión falamos do libro que tiñamos pendente dende o verán: "Mis tardes con Margueritte" ("La tête en friche" no orixinal francés, algo así como "A cabeza en barbeito") de Marie-Sabine Roger .
Na nosa opinión é un libro que fala do illamento/comunicación entre persoas, do autoconcepto e da importancia das palabras... e por suposto da lectura. Algunhas de entre nós preferiron a película ó libro.
Ademáis estivemos decidindo que libros imos ler este ano, eiquí tedes a lista:
- 7 Novembro
Chocolat de Joanne Harris e Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo .
- 5 Decembro
El albergue de las mujeres tristes de Marcela Serrano e Os outros feirantes de Ávaro Cunqueiro.
- 9 Xaneiro
Febre de Héctor Carré
- 6 Febreiro
El tiempo entre costuras de María Dueñas.
- 5 Marzo
Largo domingo de noviazgo de Sébastien Japrisot
-16 Abril
Libro a elexir entre os lidos polo club de lectura de ficción de secundaria.
-7 de Maio
Paz Andrade
- 4 Xuño
El paraíso en la otra esquina de Mario Vargas LLosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario