martes, 29 de noviembre de 2011

Club de lectura 3º PDC: Don Juan Tenorio


O club de lectura de 3º de PDC limos durante os meses de outubro e novembro o famoso drama teatral romántico de José Zorilla “Don Juan Tenorio”. Esta obra plasma o mito de Don Juan, narrando as peripecias deste cabaleiro dedicado aos amoríos, os duelos e as apostas. Así comeza a trama, Don Juan Tenorio reta a outro home, Don Luis Mejía, a ver quen é o que seduciu a maior número de mulleres.
 Algunhas cousas que non nos gustaron desta obra teatral son, para empezar, que o protagonista é un home que gusta de utilizar ás mulleres e dar morte aos homes que o desafían. Ademais, a linguaxe utilizada, ao tratarse dun castelán antigo, faise un tanto complicada. En determinados momentos un pode perder o fío da historia e aburrirse ou facerse un tanto longa.
Sen embargo, hai moitas cousas positivas que nos gustaron deste libro. Aprendemos vocabulario novo. Aínda que Don Juan é un personaxe que pola súa forma de vida vai ir directo ao inferno, ao final namorouse de verdade de Doña Inés. A historia ensina a levar un bo modo de vida, pois o noso protagonista salva a súa alma grazas ao amor.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...