lunes, 21 de noviembre de 2011

Club de lectura virtual: Instruccións

CLUB DE LECTURA VIRTUAL “Á LUS DE SAN FINX”
- Poderán participar ex alumnos, antigos profesores ou país, avós, irmáns... de alumnos ou ex alumnos do CPI CERNADAS DE CASTRO.
- Os menores de idade que non estean matriculados no centro deberán aportar unha autorización dos seu país ou titores.
- Os participantes neste club terán que dispoñer dun enderezo electrónico de contacto.
- DEBERES:
                - Elixir a qué modalidade de club quere inscribirse: temático/ficción ou ambos primaria/secundaria/adultos.
                - Ler un libro cada mes dos propostos para o tipo de club elixido.
                - Deixar o comentario da lectura ou opinión no post específico do blog: www.leondelibros.blogspot.com  indicando o nome do lector/a
                - Recomendar un/dous libros por mes, ben cun correo electrónico a clubdelecturalousame@gmail.com ben no muro da páxina de Facebook da Biblioteca do CPI CERNADAS DE CASTRO.
                - Agradecerase que nos avisedes de actos culturais relevantes de Lousame-Noia ou zona de Santiago, así como da aparición nas librerías de obras que poidan ser de interés para os membros do club, presentación de libros, asinados... etc...
- DEREITOS:
                - Os membros do club de lectura virtual poderán levar en empréstito libros da biblioteca do CPI CERNADAS DE CASTRO, nas mesmas condicións que os alumnos/profesores matriculados no centro, pero non tendo prioridade no préstamo.
                - Para levar o libro en empréstito poderán recollelo na biblioteca no horario de gardas (consultar páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicernadascastro/node/584 ) ou recollelo en conserxería, persoalmente, por medio de un alumno/a matriculado no centro ou outra persoa que teña a ben achegarse a por el e do que previamente se nos terá informado por mail.
                - Os membros do club de lectura virtual terán dereito a participar nas actividades programadas polo club de lectura: roteiros, conferencias, etc... sempre dentro da dispoñibilidade de prazas, tendo preferencia sempre os membros presenciais.
                - Os eventos culturais programados serán publicados na páxina de Facebook da biblioteca. Os membros do club virtual recibirán tamén un correo electrónico informándolles dos actos nos que poidan participar.

Facédenos chegar ó noso correo: clubdelecturalousame@gmail.com os seguintes datos:

Nome e apelidos_______________________________________________________________
Edade ________ Relación co CPI CERNADAS DE CASTRO________________________________


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...