Como todos os anos, celébrase a Semana da Ciencia. Este ano ademáis foi declarado o Ano da Química e adícase a Semana da Ciencia ás Arbores.
Aproveitamos a ocasión para expoñer no corredor principal os libros que temos para facer experimentos sobre aspectos sinxelos da química e a física. Tamén podedes ver a nosa colección de líbros sobre as árbores, autóctonas ou de distintas zonas xeográficas.
Os nosos axudantes de biblioteca de 1º de ESO animáronse a facernos uns modelos moleculares e a montar a exposición. Dámoslles as grazas e felicitámolos polo seu traballo, que estase a notar en distintas partes da biblioteca e do cole.
Para que non decaiga, na biblioteca temos preparados uns experimentos que poderedes ver cando veñades a facernos unha visita. Non esquezades preguntar por eles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario