domingo, 29 de enero de 2012

Club de lectura 3º PDC: Os vellos non deben de namorarse


O club de lectura de 3º de PDC limos durante os meses de decembro e xaneiro “Os vellos non deben de namorarse”. É unha das obras máis populares do teatro galego. Escrita por Castelao, atopamos tres historias cun tema común: un vello que se namora dunha rapaza moito máis nova ca el.
É unha historia moi divertida e interesante. A nós gustounos especialmente o vello protagonista do II lance. O libro retrata un pouco a época de Castelao e as desigualdades sociais. Ensínanos que para determinadas cousas na vida, como é o amor, hai que ter sentidiño común e que as cousas pasan ao seu debido tempo.
A escena final no cemiterio tamén é simpática. Os tres vellos protagonistas, lonxe de producir en nós tristura, diremos que conseguiron o seu merecido por non ter os pés no chan.

1 comentario:

Fátima dijo...

Alégrome que vos gustara, en 4º tamén leron esta obra e ata se atreveron a facer unha recensión sobre ela. A verdade é que non saíu nada mal, animádevos vós tamén ou preferides representala? Tampouco sería unha mala idea.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...