lunes, 16 de enero de 2012

Club de lectura temático: Civilizacións perdidas


Despois de viaxar polo mundo, apetécenos coller a máquina do tempo e viaxar a épocas lonxanas e civilizacións perdidas... e aquí nos tendes Cristian vai visitar as terras viquingas, Vanesa e mais Eva trasládanse ata as praderas norteamericanas para convivir cos indios. Nerea e Isabel prefiren o calor do antigo Exipto aínda a risco de que as momifiquen...pero Noelia e Laura decidiron acompañalas tamén, atoparán un tesouro máis impresionante que o de Tutankhamon? ...E José Ramón e Cristina decidiron marchar noutra máquina do tempo diferente, a da "Clave secreta del Universo" e visitar as galaxias, esperemos que non caian nun burato negro e telos de volta para a seguinte reunión!! Ata pronto... que envidia me dades...

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...