
Unha vez máis, volvemos xuntarnos os rapaces de secundaria para falar das lecturas realizadas durante este mes de febreiro. Precisamente, por ser un dos máis curtos do ano, non deu tempo a ler todo o que quixeramos, por iso comprometémonos a ir metendo os nosos comentarios a medida que vaiamos rematando os libros que temos pendentes. Comentamos especialmente nesta sesión os
Contos Macabros de Allan Poe e a boa tradución que fixo Cortazar. E falando de terror, aínda que indo pola banda da loucura, empatamos con
Aire Negro de Agustín Fernández Paz. Foi unha hora na que lle dedicamos tempo ao terror, mais tamén ao amor, xa que outras compañeiras falaron do moito que lles gustou
Unha estrela no vento e
Tengo ganas de ti.
En breve iredes vendo os comentarios das nosas lecturas xa rematadas. A próxima reunión será o 30 de marzo, xa pretiño das vacacións. Algúns dos libros dos que falaremos serán os seguintes:
Amanecer
La divina comedia
Así habló Zaratrusta
Rúa Carbón
Eldest
Como sempre, xa sabedes, ata entón boas lecturas.
10 comentarios:
Eu lin "Corredores de Sombra", foi un libro que me gustou moito, con moita intriga e unha divertida aventura de amor.
Recoméndovolo!!!! ;)
María Ourille Castro 3º A ESO
Gustoume moito o libro Corredores de sombras. Esa mestura entre misterio e amor encantoume. Recomémdollo a rapaces entre 14 e 15 anos que lle guste o misterio e o amor.
O libro `Corredores de sombra´ gustoume . Aínda que ó principio parecíame un pouco aburrido , ó final acabou por gustarme .
Este libro trata dunha rapaza,chamada Clara decide descubrir a quen pertence o cadáver que atopa no pazo dos seus pais (Pazo dos Soutelos) , a historia vai narrando como investiga ata que se descubre todo o misterio .
Sara Blanco 3ºA
Eu lin `Corredores de Sombra´,que trata dunha rapaza que pasa o veran no pazo de seus pais en Soutelo.Unha mañan encontra un morto enterrado nunha parede e quere descubrir porque esta ali e quen é, coa axuda de Miguel e de seu tio. Hai unha historia de amor entre Clara e Miguel.Ao final descucbren todo e ela volve A Coruña.
Gustoume moito e recomendovolo.
Alba Mato Miguéns 3ºA
O libro que eu lin falaba da historia dunha rapaza que volvía a súa terra natal, Galicia.Alí ocórrelle unha serie de desgrazas que a levan ó estado mental no que acaba.
Libro:Aire negro, Agustín Fernandez Paz.
EU LIN CARTAS CRUZADAS, O LIBRO GUSTOUME MOITO TRATA DUN RAPAZ QUE TRAS EVITAR UN ATRACO SE CONVIRTE NUN HERO E COMEZA A RECIBIR OS ASES DE TODOS OS PAOS DO PÓKER CON MENSAXES PARA QUE AXUDE A PERSOAS.
CRISTIAN 2ºB
Cristina Caamaño Sieira, 3ºb-eso.
Neste libro relátase a adolescencia dunha rapaza de clase social alta.
Durante a súa estancia no pazo de verán propiedade de seus pais, descúbrese un esqueleto. A raíz diso relátase unha historia emocionante, misteriosa pero tamén amorosa.
Corredores de sombra, Agustín Fernández Paz.
O libro que eu lin chámase Raquel. Trata dunha rapaza de dezasete anos,que decide contar a súa vida,os seus pensamentos,os problemas que ten coa familia...nun diario.
Bego 3ºA
Alba Mato Miguéns 3ºA
O outro libro que lin tiña un tema totalmente diferente. O libro comeza coa historia dunha rapaza que descobre a razón pola que seu pai morreu pouco despois do seu nacemento. No libro tamén aparece o tema do amor e o terrorismo.
Está totalmente recomendado.
Libro : Rúa Carbón , Marilar Aleixandre.
Tengo ganas de ti Federico Moccia
Step, el protagonista,tras volver de New York se encuentra con que todo es diferente, que de algún modo todo ha cambiado. Poco a poco se va reencontrando con sus amigos, se enamora de una chica un tanto inteligente, empieza a trabajar en un programa de televisión junto a su novia, pero lo más importante es que sigue pensando en Babi, su expareja, pero ella tiene novio y eso lo desconcierta.
Una noche él se va de fiesta y se encuentra con Babi,pero ella ni le habla,el se pasa con la bebida y Babi se aprovecha de el; en ese mismo momento Babi no se imaginaba que estaban violando a su hermana ni mucho menos que ella estaba drogada y mucho menos que se quedaría embarazada.
Babi estaba preparando su boda; el final es muy emotivo
Publicar un comentario