E os ents marcharon todos...
O Venres 16 de marzo tivemos a nosa última e derradeira reunión do club temático de secundaria. Con moita mágoa pola miña parte - son a coordinadora- a meirande parte das integrantes do club temático abandoaron o noso barco por non ser quen de conciliar o traballo da escola, as actividades extraescolares e a asistencia aos distintos clubs de lectura. Dado o reducido número de participantes que quedaba, algúns deles tampouco viñan últimamente. Esperemos que o vindeiro curso poidamos atopar unha fórmula axeitada para el. Moitas grazas igualmente polos bos momentos pasados...
No hay comentarios:
Publicar un comentario