martes, 12 de noviembre de 2013
O club celebra o Samaín
Neste mes de novembro tivemos a segunda reunión do clube de lectura de pícaros. Nesta sesión para conmemorar o Samaín lemos o libro "Brujas". Cunha variña máxica encantamos a cada un dos asistentes para que lesen de marabilla. Por turnos fomos lendo e explicando os encantamentos que fan as bruxas, o que se precisa para facer pocións máxicas, como son os cumpreanos das bruxas... Para rematar comemos unha galleta máxica que nos ía axudar a ler moi ben cos nosos mestres tamén.
Este mes houbo dúas reunións distintas, unha para terceiro e outra para cuarto. Hai que salientar que a asistencia non foi tan masiva como o primeiro día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario