Hoxe veunos visitar a escritora Ledicia Costas para manter un diálogo con nós sobre "O corazón de Xúpiter", libro que estivemos a ler no club de lectura de secundaria. Ledicia conquistounos coa súa cercanía e simpatía e aclarounos algunhas dúbidas que nos plantexara o libro, aínda que non todas, porque, como ela mesma dixo, "hai que completalo cada quén coa súa imaxinación". A sesión fíxosenos moi curta, coma sempre rematou cando xa estabamos cómodos e animados a falar. Agradecémoslle a súa visita e esperamos que ela tamén se sentise a gusto con nós.
4 comentarios:
Pois desta quenda lemos Corazón de Xúpiter, un libro que nos mostra a realidade do acoso escolar, e un tema que poucas veces se toca na literatura: a homosexualidade. Ademais, tivemos a sorte de contar ca visita da autora, quen nos explicou temas pendentes da historia, NON NOS GUSTAN OS FINAIS ABERTOS.
Cristian González Rodríguez. 4º A ESO.
La escursión fue muy divertida. Estuvimos todos los de secundaria juntos y no paramos de reirnos. En cuanto a lo que nos enseñaron en las casas fue muy interesante. También nos gustó a todos cuando fuimos a la tienda porque no parábamos de buscar libros y correr por la tienda.
Habría que repetirlo!!!
Gústoume moito, porque trata moi ben os problemas cibernéticos que pode haber actualmente en internet e en salas de chat.É una realidade bastante dura.
O libro é moi interesante.A historia que conta engancha,aínda que o final é triste pola morte da protagonista.Quedamos intrigadas porque o final é aberto.
A visita de Ledicia Costas foi moi interesante e gustounos como aclarou as nosas dúbidas.
Paula, Laura (3º B)
Publicar un comentario