No mes de abril tivemos as reunións do club de lectura o día 7 para os do segundo ciclo e o día 8 para os do terceiro ciclo. Este mes de abril adicámosllo ao teatro. Estivemos representando o primeiro acto da obra titulada "A fraga encantada" de Xosé Vázquez Pintor. Neste acto aparecen tres personaxes: a curuxa, o sapoconcho e o xigantón. Como soamente eran tres personaxes tivemos que turnarnos para que todos poidésemos actuar un pouco. A que máis tempo estivo en escea foi a profe Susi que facía de árbore da fraga. Como agasallo recibimos unha chapa para animarnos a ler ciencia na biblioteca do colexio.Velaí deixamos unhas fotiños das nosas representacións.
8 comentarios:
encantounos o club de lectura e moi divertido. de estela e candela
O conto que mais nos gustou foi o de o bosque encantado.
Andrea e Noelia 3ºA.
Gustounos moito os contos que limos ,anos gustounos moito a fraga encantada.
ENARA E SARAY
A min encantoume vir ao club de lectura.Amin tamen me encantou
ir ao club de lectura.
Pablo e Maria.
A min encantoume vir ao club de lectura.Amin tamen me encantou
ir ao club de lectura.
Pablo e Maria.
No club de lectura o paso ben e dibertido gustame moito me encanta.
beatriz 3a.
LEEMOS MOITOS CONTOS,POESIAS,CANCIONS... O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O DA FRAGA ENCANTADA,FOI MOI DIBERTIDA ERA UN TEATRO. DE NOA CRUZ E NOA TUBIO.
Gustoume moito esa reunion porque lemos un conto moi divertido que se chamaba a curuxa e a biblioteca do cole mola moitisimo porque hai moitos libros
Publicar un comentario