lunes, 26 de mayo de 2014

"Operación buscando a Nemo" finalizada

Aquí estamos algúns de nós, pero somos máis...!

Como sabedes, o club temático andaba o ano pasado co proxecto de montar un acuario na biblio. O camiño foi longo... tivemos que pedir que instalaran uns enchufes no falso teito, limpar a peceira e convertila de acuario mariño a un de auga doce e pedímoslle axuda a Fran e alumnos/as de tecnoloxía para que pasasen uns tirafondos e asegura-la base.



Despois inda tivemos que carreta-la auga, enche-lo recipiente, mercar un par de cousiñas que nos facían falta e probar as bombas... A de osíxeno funcionaba ben, pero a da auga non. Amañáronnola no Zoolandia de Noia e, unha vez que comprobamos que funcionaba, pasamos a montar os filtros (3 clases de filtros 3!!) a desclora-la auga, a analizar e rectificar o PH e por último decora-lo acuario.

Belén (profe de química e física) explicándonos iso do PH

O que vedes é a cor verde que corresponde a o PH 7 e que é o que debe ter o noso acuario.

Xa só quedaba o máis arriscado... traer os peixes!

Este é Diego , é tranquilo e observador, é o primeiro en darse conta cando botamos a comida.

Este é Antonio que é moi curioso e inquedo, é o máis rebulideiro dos dous.

Aquí vese mellor. Pois xa coñecedes a Diego e Antonio (Cernadas de Castro)

Polo momento sobreviven e parecen contentos no seu novo territorio... Se todo vai ben en setembro os rapaces e rapazas do club temático elixirán cadaquén o seu peixe e poranlle nome.


Animádesvos a coidalos con nós?

Agradecementos a: Jesús Salanova, Ángela Ces, Natalia Coto, Zaira, Rita Cernadas, Germán, Belén, Fran e alumn@s, Celeste, e por suposto máis agradecementos aínda para Claudia, Tatiana, Adrián e Rubén. ( Se esquecín a algúen decídemo...!)

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...