Este venres reunímonos de novo, como vedes polas fotos para prepararnos xa para a celabración do 8 de marzo. Comezamos a nosa reunión lendo a definición de feminismo do libro "Yo no soy feminista pero..." de Sophie Grillet e lemos parte do "Diario Violeta de Carlota" de Gemma Lienas
Lembramos a Malala, Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro; de esta última lemos e cantamos coa versión de Amancio Prada "Adios ríos, adios fontes"
Por último presentamos ao grupo seguintes libros que tamén vos recomendamos:
A segunda parte da reunión adicámoslla a Xaquín Marín, do cal relatamos a súa traxectoria no mundo do Cómic e como fundador e director do Museo do Humor de Fene.
Del lemos as historietas "O emigrante" entroncando coa poesía de Rosalía e "A leiteira". Presentamos a "Gaspariño" e reflexionamos sobre distintas viñetas dos "pes" e da "testa". Viñetas recollidas a maioría do volume "Dos pés á testa" e "Cen + cen pés". Inquietounos moito a súa visión áceda e crítica da vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario