O venres 23 de outubro fixemos a nosa primeira reunión do club de lectura de rapaces.
Reunidos nunha oscura e tétrica biblioteca, coa axuda dunha linterna, lemos terroríficos relatos que nos puxeron a pel de galiña...
Por exemplo: O segundo calafrío, relato de Xosé Miranda "As mans do medo" ou Os lobos de Ánxel Fole "Contos de lobos" ou A pata de mono de William Wymark Jacobs na Antología de relatos de terror Ed. Alfaguara.
Tamén falamos dos clásicos Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo e dos Contos Macabros de Edgar Allan Poe coas ilustracións de Benjamin Lacombe.
Que vos pareceron?
Volos recomendamos se é que queredes pasar tanto medo coma nós..
No hay comentarios:
Publicar un comentario