viernes, 26 de febrero de 2016

Quinta reunión do club de lectura de secunaria





Nesta nova reunión estivemos preparando o roteiro literario a Rianxo do sábado 5 de marzo, lembrando a figura de Castelao, que xa traballamos o curso pasado, e lendo o relato  "O vello que quería ve-lo tren" de Rafael Dieste; (para algúnhas foi unha relectura, porque xa o coñecían). Destacaron a tristura do relato pola imposibilidade do vello protagonista de coñecer ese mundo que hai fora da súa aldea,  e o poema "Non pode ser" de Manuel Antonio.
Respecto a Dragal, estivemos lendo a organización do xogo de rol no que esperamos participar a finais de curso e estivemos dando ideas para o blasón e decidindo as personaxes que queriamos interpretar.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...