viernes, 17 de febrero de 2012

Club de lectura de PDC 3º "¡Quedan detenidos!"



O club de lectura de 3º de PDC limos en xaneiro unha das obras de teatro recollidas en “Teatro breve” de Alberto Miralles. A escollida foi a titulada “¡Quedan detenidos!” porque presenta ao redor de sete personaxes, mentres que as demais obras teñen dous ou tres.
Os feitos desenvólvense no cárcere, onde a raíz dunha redada antidroga, van compartir cela personaxes de moi diferente tipo social: un deputado, unha nai, un xornalista, unha prostituta, un travestí... Mediante unha postura crítica pero en clave de humor, vaise por de manifesto a solidariedade do pobo fronte ao egoísmo dos poderosos.
Resulta interesante ver a cantidade de feitos e de diálogos que hai sen que saian do cárcere no que se atopan estes personaxes. Sobre todo é unha obra de teatro divertida. Destacariamos o xogo que hai co deputado, o personaxe do “camelo”, a pelexa entre Maruja e Trini, e certas expresións. Para saber a que nos referimos teredes que ler a obra.
A única cousa negativa é que para entender determinadas expresións ou críticas é preciso coñecer o contexto no que o autor escribiu esta obra porque ten moito que ver coa situación política que vivía España na década dos 60.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Se tedes o libro rematado gustaríame moito lelo!!! Bks. Susi

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...