
Xa estamos aquí de novo, pero desta vez temos menos obras que comentar. Os exames, os traballos e as vacacións do entroido non nos deixaron moito tempo para acabar as nosas lecturas. De todos xeitos, prometemos firmemente ir comentando as nosas impresións a medida que vaiamos acabando os libros. Ademais temos unha novidade: de aquí a finais de abril imos ler todos dúas lecturas. O propósito é coñecer á escritora Teresa Moure, natural de Monforte a onde imos ir cos membros do club de lectura de adultos. Os libros que imos ler dela son os seguintes:
A casa dos Lucarios
Unha primavera para Aldara.
Asemade, os novos textos escollidos por aqueles que si rematamos a lectura son:
-Angeles y demonios de Dan Brown.
-Los escarabajos vuelan al atardecer de María Gripe
Ah!!! Tamén nos encanta que os membros do club de lectura de adultos nos comenten as nosas lecturas e que escollan os mesmos libros ca nós. Grazas polo voso apoio e agora imos ver quen le máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario