
Teresa Moure é unha escritora nacida en Monforte de Lemos, Doctora en Lingüistica e profesora na Universidade de Santigo de Compostela. Ten acadados prestixiosos premios na nosa comunidade; O "Rafael Dieste" de Teatcro en 2007 por "Unha primavera para Aldara" e o Xerais, o Aelg e o Premio da Crítica de narrativa galega por "Herba Moura".
Ela mesma defínese como "rebelde, desconfiada, ecofeminista, vexetariana, multiculturalista, anticapitalista, antiglobalización..."
No club de lectura de rapaces, os alumnos de primeiro ciclo van ler a novela curta "A casa dos Lucarios"
A novela relata a historia dunha familia que se establece en Galicia e que vai transcurrindo ó longo de tres xeracións.
As distintas realidades sociais e distintos modos de vivilas van discorrendo diante dos nosos ollos.
Podería ser a nosa familia... ou a vosa...
Que nos asemella?
Que nos diferenza?
Os alumnos de segundo ciclo e os participantes no club de lectura de adultos imos ler "Unha primavera para Aldara". Se queredes seguir a lectura ambientada coas músicas que a súa autora nos propón, podedes clicar nos seguintes enlaces.( Hai algunhas músicas que non atopéi aínda, poño outras que se lle parecen ata ver se atopo as correctas!)
D'amor ragionando. Ballades du neo-Stilnovo en Italie
E se quedades con ganas de seguir lendo a esta autora monfortina podedes rematar cunha novela, de novo, de corte histórico, feita con retais textuais como se amosa na súa portada, e que continúa afondando nos temas que percorren a súa obra dentro dun canto á paixón.



4 comentarios:
Gustoume a cachos, en algúns cachos era divertido pero noutros era moi aburrido pero o que era o conto en xeral gústoume bastante sobretodo o humor irónico e non hirónico que utilizaban.O meu cacho preferido foi cando contaron a historia dos fillos e o que menos me gústou foi a da filla menciñeira que resucitaba ao neno que afogara. Cristian González 1ºB
Non me gustou nada o libro porque me pareceu moi aburrido e é unha historia moi antiga.Eu non estou acostumada a ler este tipo de historias.Para o meu gusto foi un libro moi aburrido!!!!
El libro no me gustó nada.Es aburridísimo y horrible!!!!!!
En cada capítulo la mujer tiene un hijo/a,al siguiente amplian la casa,al siguiente tiene otro hijo/a y vuelven a ampliar la casa.
El único capítulo que cambia(aunque no mucho) es el último.
Rebeca García Pedrosa.1ºA E.S.O.
Fai un par de meses descubrín a Teresa Moure e teño que dicir que me gusta "A Casa dos Lucarios" por tres razóns principais: Polo optimismo e gosto pola vida que se desprende das súas liñas; a pesares de atrancos e tristuras as persoaxes seguen adiante e sempre atopan máis bo que malo; pola aceptación de todo tipo de diferenzas, personalidades, opcións de vida etc... sen excluir a aqueles que pode que non nos gosten ou nos fagan dano e por último polo humor que impregna toda a historia e que nos transmite enerxía para rir mesmo da morte, e aceptala como parte da vida. Susi
Publicar un comentario