
Hoxe, 28 de maio de 2011, demos por finalizada a nosa andaina este curso. Lemos xuntos distintas obras, compartimos opinións, rimos e, sobre todo, gozamos do libro, a fin de contas ese era o noso propósito. Agora, esperamos volver para o curso vindeiro e xuntos, volver reunirnos e comezar novas lecturas. Para o verán tamén levamos algún que outro libro; o bo tempo, o ocio, a praia e as festas non son incompatibles coa lectura; por iso, decidimos que cada un de nós vai ler todo o que poida. Os libros que escollemos son os seguintes:
Memorias de Idhún, de Laura Gallego.
Escola de Frikis (2ª parte), de Gitty Daneshuari.
Os piratas da illa de Esperanza, de X. M. Corcón.
Crónicas Marcianas, de Ray Bradbury.
La princesa prometida, de William Goldman.
Los pilares de la tierra, de Ken Follet.
Kika Superbruxa e a momia.
Escola de Frikis (2ª parte), de Gitty Daneshuari.
Os piratas da illa de Esperanza, de X. M. Corcón.
Crónicas Marcianas, de Ray Bradbury.
La princesa prometida, de William Goldman.
Los pilares de la tierra, de Ken Follet.
Kika Superbruxa e a momia.
Outros decidimos deixar que o propio verán nos vaia ofrecendo as lecturas máis adecuadas.
Para rematar estas reunións temos unha pequena festa o próximo 6 de xuño, vainos vir un contacontos!!!
Por último, só nos queda animarvos a que entredes no noso club. En setembro queremos que Á lus de San Finx, sexa moito máis numeroso.
Animádevos, pasade un bo verán e e tede MOI BOAS LECTURAS.
2 comentarios:
A miña noraboa a todos pola vosa perseveranza e, sobre todo, polo voso esforzo. Sei que non sempre foi fácil ter as lecturas ao día e compaxinalas cos exames e cos deberes que nós, eses profes malvados, vos andamos a pedir día a día. Para min foi moi satisfactorio poder acompañarvos nas vosas lectuas e gozar dos vosos comentarios e impresións, cada vez que nos reuniamos. Espero que para o ano poidamos ampliar o club e tamén espero que eu poida esta con vós.
Mil parabéns para todos.
Fátima.
e vamos se o ampliamos a pouco mais non collemos na biblioteca
cristian
Publicar un comentario