martes, 7 de junio de 2011

Celso Fernández Sanmartín clausura o presente ano do Club de Lectura



O luns 6 de xuño na biblioteca do cole tivemos a festa de clausura do club de lectura para o presente curso. Nesta festa os integrantes do club de rapaces e adultos así como os membros do equipo de biblioteca, colaboradores e invitados pasámolo pipa coa maxia das palabras de Celso.
Despois de escoitalo é facil imaxinar a Sherezade traendo e levando ó sultán Sharhiar durante mil e unha noites prendido do anzol dos seus contos. Mil e unha, dous mil e máis historias gustaríanos escoitar pola súa boca...
Para que poidades disfrutar de novo velaiquí o que youtube e Celso poden ofrecernos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

que risas con celso jajaja.Un pouco tristes poruqe remata o club de lectura...pero so este ano para o ano mais
Cristian

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...