jueves, 5 de mayo de 2011

Reunión de maio do club de lectura adultos


O luns 2 de maio tivemos outra reunión do club de lectura de adultos. Nesta ocasión comentamos a obra de teatro "Unha primaveira para Aldara" de Teresa Moure. As nosas lectoras nos comentaron que lles costara un pouco, por non estar acostumadas a ler teatro, noutos casos o que custa é afacerse a ler en galego - pola nosa idade a maioría de nós tivemos o ensino en castelán ...- e aínda que non nos custa falar en galego, si notamos a diferencia á hora de ler.
Pola miña propia experiencia sei que en pouco tempo unha se afai a elo e aínda máis... as palabras teñen un sabor especial a fruta nova e saborosa, paladéanse máis incluso que as do castelán, ás que xa estamos tan habituadas.
Tamén falamos do vindeiro roteiro literario a Monforte de Lemos, no que lembraremos as figuras literarias de Lois Pereiro, Manuel María e Teresa Moure.
As obras de lectura propostas nesta ocasión foron:
- Un fragmento da "Modesta proposición ... e outros ensaios" e dous poemas de "Poemas últimos de amor e enfermidade" de Lois Pereiro.
- Un fragmento do libro "Os meus ollos" e dous fragmentos de "Os ollos na ponte", ambolosdous libros de memorias de Ramiro Fonte, escritor eumés finado no 2008.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...