jueves, 5 de mayo de 2011

Roteiro a Monforte de Lemos

O grupo de rapaces e rapazas acompañando a estatua de Manuel María co Colexio de Nosa Señora de Antigua ó fondo
No Mosteiro de San Vicente, hoxe Parador de Turismo, disfrutando dun agradable café

O sábado 7 de maio o club de lectura de adultos e rapaces "A lus de San Finx" levamos a cabo un roteiro literario por Monforte de Lemos. Imos contarvos que sucedeu:

Saímos de Lousame ás 9:30 e o día non deixaba lugar a dúbidas do que meteorolóxicamente

nos iba acompañar: a choiva... e claros ás veces...

Cando chegamos a Monforte o tempo apiadouse un pouco e aínda que con bos refachos de vento

deixounos admira unha perspectiva xeral da cidade de Monforte que velaiquí:



Ás nosas costas quedaba o conxunto monumental de San Vicente do Pino, composto polo Castelo dos Condes de Lemos, escenario das loitas dos irmandiños e da obra de teatro de Teresa Moure, "Unha primaveira para Aldara" o Mosteiro de San Vicente do Pino, hoxe convertido en Parador de Turismo e o Pazo dos Condes de Lemos, primeiro falamos un pouco da historia de Monforte e despois da lenda da Coroa de Lume.




Lóxicamente non quixemos marchar sen tomar algo no Parador de Turismo, onde todos/asquedamos gratamente sorprendidos polo servizo ... e polos servizos!





Deixamos o Parador baixo a choiva que acababa de invitarse e baixamos pola antiga cidade ata a Praza de España, alí atópase a Casa da Cultura onde podedes ver unha exposición sobre Lois Pereiro... se ides de luns a venres...no noso caso contentámonos coa vista da tenda de Sargadelos, onde anteriormente estuvo a libraría Xistral, aberta e rexentada polo poeta Manuel María.





Todos e mais a choiva dirixímonos ó número 39 da rúa Ourense, xusto á casa onde vivira Lois coa súa familia, no baixo segue estando unha cristalaría. Como nos gustara a anécdota lida no libro de Marcos Colmeiro de cando Lois e o seu irmá se perderan unha mañá de néboa indo para o cole, fixemos o mesmo percorrido e rematamos diante do Convento de Santa Clara, ó pé da Ponte Vella.







Era hora de comeres, pero non deixaba de chover; o programado picnic ó lado do río era totalmente imposible e tivemos que improvisar; atopamos unhas galerías comerciales e alí almorzamos, xogamos ás cartas e falamos de poltergeist, aparecidos e outros contos de medo...

Tamén do "Pasatempo" de Betanzos e doutras lerias que se nos foron ocorrendo.Aproveitamos que deixara de chover para pasear polo parque que está a carón do río Cabe e diante do Colexio de Nosa Señora da Antiga, hoxe colexio dos Escolapios. Atopamos que había unha concentración e exhibición moteira cara ó cole, e aproveitamos para mirar e admirar... aínda que a choiva e o frio nos seguían de preto.

Entón entramos a facer unha visita guiada polo colexio admiramos a súa escaleira e os cadros do Greco e Andrea do Sarto, sen esquecer a súa eigrexa co impresionante retábulo. Para os que queirades saber máis ou teñades gañas de coñecer este lugar deixámosvos un enlace coa páxina web do cole.

Deixamos os Escolapios para dar un paseo e fotografarnos con Manuel María en bronce, eiquí tedes ós rapaces, as maiores temos máis vergoña para saírmos nas fotos.




Para rematar viña a guinda sen licor pero con sorpresa: unha visita ó pazo Muíños de Antero. Non temos palabras suficientes para contalo de modo que non deixedes de visitar a súa páxina web.

Non te esquezas de deixar o teu comentario sobre esta actividade! Que che pareceu?

1 comentario:

Anónimo dijo...

que ben o pasamos, para min o mellor foi a concentracion motira ou quizais o pazo, bueno a verdade e que todo estubo moi ben.Respecto ao tema das cartas ese dia aprendin a xogar a birisca, e recordei como se xogaba a escoba.Saúdos
Cristian

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...