jueves, 9 de junio de 2011

Festa de Clausura do Club de Lectura




O luns 6 de xuño reunímonos na biblioteca do noso centro para celebrar este primeiro ano do club de lectura. Para elo trouxemos a Celso Ferández Sanmartín, un contacontos experto en literatura oral e rematamos cunha merenda con "fondue au chocolat" incluída.
Tamén repartimos o "kit de lecturas do verán", unha bolsa con libros, bloc de notas e marcapáxinas para que non nos falte de nada mentres tomamos o sol. Para os adultos eliximos "Chocolat" de Joanne Harris e "Tardes con Margueritte" de Marie-Sabine Roger. Ademáis de regalo o libro "As palabras no exilio" de Xesús Alonso Montero.
Os rapaces levaron cada un o libro ou libros que eles mesmos pediron.
O máis gratificante para nós: que aqueles alumnos/as e profesoras que non estarán no noso centro o vindeiro curso piden que lles fagamos un sitio como sexa para poder seguir en contacto co club.
O segundo igualmente gratificante para nós: hai adultos e rapaces que xa pediron unirse ó club para o vindeiro curso.


-GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ENTUSIASMO-
As coordinadoras: Fátima e Susi

1 comentario:

Anónimo dijo...

sacadesnos coendo, como sempre no mellor momento.Un saúdo de cristain con ganas de que empace o curso

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...