jueves, 27 de octubre de 2011

AS COUSAS CLARAS

Nun instituto poñen unha peli cun nome pouco axeitado para o tema que trataba e a polémica corre de xornal en xornal. Ao mesmo tempo, Marga e Alfonso investigan por que o seu profe de literatura está en coma e o seu amigo e compañeiro Elías desapareceu. Despois dunha perigosa investigación, dan co paradoiro de Elías, pero..... atoparon coa boca do lobo.
Lograrán saír todos con vida? Non volo conto, teredes que lelo.

Sen dúbida, foi un dos libros que lin que máis me gustou: tivo un bo final e enganchoume moito. Recoméndollo a tódolos adolescentes aos que lles gusten os libros de misterio e de amor, porque ten das dúas cousas, pero hai que lelo con moita atención.


Natalia Vázquez Lojo.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...