
Logo de ter varios días na mesa de noite , Los pilares de la Tierra de Ken Follet, decido retomalo, pois tivera que o deixar por motivos de tempo. Así que abrino e volvín a poñerme con el.
Unha novela moi documentada e moi ben escrita, de maneira moi sinxela, xa que en ningún momento usa vocabulario que poida resultar complicado, pero que pode chegar a decepcionar. Con todas as críticas e toda a fama acadada polo bestseller de Follet , un argumento baseado na arquitectura, concretamente na creación dunha catedral, é bastante decepcionante (a pesar de que como novela, segue sendo moi boa). Ó primeiro engancha moito, a ambientación case perfecta e a diferenza de personaxes atrae bastante nos primeiros momentos, a pesar de que cando as conspiracións políticas comezan por parte dun Duque, onde debería comezar a mellor parte, vólvese, baixo a miña opinión, un dos libros máis pesados e "tostón" que tiven endexamais na miña man.
Deixeino, xa que son incapaz (e é unha pena) de seguir lendo algo, que tras páxinas e páxinas de lectura cansada, segue resultando igual de peñazo.
Daniel Paradela Dosil, 4ºB ESO.
3 comentarios:
A pesar do "Best Seller" eu coincido contigo que hai partes da novela -da trama sobre todo- que parécenme un pouco frouxas e peliculeras postas para dar morbo; non precisamente cando explica a construcción da catedral ou como vivían - esas son as partes que me gustan- e de feito non me animéi a ler nada máis de Ken Follet.
No mesmo xénero e temática gustoume moitísimo máis "La catedral del Mar" de Idelfonso Falcones; paréceme infinitamente mellor e tamén do mesmo autor "La mano de Fátima" sobre as revoltas mozárabes en tempos dos Reis Católicos. Paréceme un autor ademáis de excelentemente documentado, que equilibra as novelas dunha forma maxistral. Un saúdo. Susi
Hola, a min este libro no seu día gustoume moito. Eso sí o lin un pouco máis maior ca ti. Quizáis para aprecialo ben e que te engancha a historia é recomendable saber un pouco de Arte, sobre todo do Románico, xa que o libro fai un montón de descripcións históricas e artísticas deste período e se non te vai moito o tema, pode chegar a aburrir. De todas formas é un libro dos que tes que ter o momento, tal ese sexa máis adiante. Pero se quedaches con ganas de saber como termina a historia podes facer "trampiñas" vendo a serie que puxeron fai pouco na tele: Que para o meu gusto deixa todo o bonito do libro fora e céntrase no culebrón da historia: o amor, as conspiracións, e demáis. http://www.youtube.com/watch?v=Z5qxdTdgRQ0
Fue el primer libro que tuve que dejarlo por un tiempo porque era incapaz de leerlo,me resultaba pesadisimo.Cuando lo volvi a coger tengo que reconocer que lo lleve mucho mejor hasta el punto que termino gustandome(reconozco que no tengo pensado releerlo).
Publicar un comentario