domingo, 16 de octubre de 2011

Comeza a súa andaina o Club de Lectura Temático

Este venres 14 comezou a súa andaina o novo Club de Lectura Temático para alumnos/as de secundaria. Este club pretende ler obras - non de ficción - sobre os temas que nos interesan. Na nosa primeira reunión tivemos como misión analizar parte das revistas que temos na biblioteca para decidir cáles compraremos este curso. Finalmente decidímonos por REDES, CÓMO FUNCIONA, MUY INTERESANTE JUNIOR e de vez en cando colleremos algunha de viaxes e de equitación.
Os temas que nesta reunión máis nos interesaron foron:
- ASTRONOMÍA
- ECOLOXÍA
- ZOOLOXÍA
- PINTURA
- MÚSICA (CLÁSICA E BALLET)
- HISTORIA MEDIEVAL, PRECOLOMBINA, EXIPCIA
- VIAXES
- EQUITACIÓN
Polo que na nosa vindeira reunión do venres 11 de novembro o tema a tratar será:
- Situación actual das teorías astronómicas.

Aínda hai prazas neste club, animádevos a vir á vindeira sesión!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoola! espero que este ano haba mais alumnos no club de lectura, espero que se animen, e que non perdan a admiracion pola lectura :)

Un saúdo

Cristina González Dacuña ( ex-alumna do centro)

Frodo dijo...

Hola Cris! grazas por visitarnos; botámoste de menos por aquí...que estás a ler?

Anónimo dijo...

A min interesanme en xeral todos os temas que tratades, uns mais que outros, por exemplo o da historia non me atrae tanto.Un dos temas que amin me interesan e que non vexo que tratedes e o tema do motro, gustariame falar de rallys a nivel mundial e sobre todo galegos(con ganas de que chegue o rally de Noia),pero non so rallys senon tamen o mundo da formula1 e motociclismo.O único deporte que vexo que trarades e o da equitación e gústariame tratar outros deportes:fútbol, tens, ciclimo... sobretodo pensando en todos os grandes deportistas que temos en españa.

cristian

Frodo dijo...

Grazas a Ramón, Cristian e David por unirse ó noso club temático. Por suposto que podemos tratar o tema do motor!! E tomo nota do voso interés sobre outros deportes ademáis da equitación. Son as vosas propostas as que enriquecerán as nosas reunións!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...