domingo, 16 de octubre de 2011

Novo "look" da nosa biblioteca



Curso novo, look novo! A nosa biblioteca quixo participar da alegría do curso que empeza con moitas novidades: A primeira que estamos no PlanB de bibliotecas escolares, o que implica unha inxección de fondos e materiais importantes para nós.
Segundo que dos dous clubs de lectura do ano pasado, o de adultos e o de rapaces, pasamos a organizar 6: o de adultos, o de secundaria ficción, o de secundaria temático, 2 de diversificacion e un de primaria. As coordinadoras son: adultos-Susi, secundaria ficción-Fátima, secundaria temático-Susi, 3º PDC -Estefanía, 4º PDC- Concha e o de primaria-Almudena e Susi.
Non rematan aquí as novedades para este curso pero irémolas contando pouco a pouco.
e lembrade A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS O DÍA 24 DE OUTUBRO!!!
-ESPERÁMOS POR VÓS-

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola!!! kedou moi bonita e acolledora !! parabens !!! seguide adiante!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...