Os rapaces de secundaria somos tantos que tivemos que facer dous grupos, por unha banda o primeiro ciclo e por outro o segundo. As lecturas son moitas e durante este mes e ata a volta das vacacións de Nadal imos ir metendo nos comentarios as impresións sobre os libros que lemos.
Na próxima reunión imos comentar os seguintes libros:
Unha estrela no vento de Ledicia Costas.
Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz.
A sombra descalza de Al Alfaya.
Chamádeme Simbad de Francisco Castro.
¿Sobrevives? de Fina Casalderrey.
Asemade tamén tivemos recomendacións dos rapaces do primeiro ciclo:
Las brujas de Roal Dalh.
Corazón de Chocolate de Jaureguizar (misterio, intriga, aínda que tamén algo triste).
El último muerto (é un libro de misterio para maiores de 16).
Alex y el tesoro de la Laguna Roja.
Matilda.
Manolito Gafotas.
Orión e o os animais máxicos.
Conto de Nadal.
Los Mimpís (libro de moita fantasía).
As aventuras dos cinco.
A próxima reunión será xa no 2012, o 27 de xaneiro, ata entón boas lecturas.
17 comentarios:
Por,fin!!!!Acabei Eragon.O libro gustoume trata sobre un rapaz que encontra o que el cre que e unha pedra preciosa pero da que sae un dragón perdón dragoa,polo que se tera que enfrentar ao rey galbatorix que quere que todos os dragons esten ao seu mando.Xa estou lendo eldest a segunda parte da saga
Cristian 2ºB
Pois veña que aínda che quedan dous máis... polo de agora...
de dous nada TRES que eldest apenas o empecei e tamen estan brisingr(que porcerto significa luz no idioma antigo que se usa no libro) e el legado o último que saiu
cristian
Leín o libro "Noite de voraces sombras", enganchoume moito e encantoume!! Recoméndovolo!!Trata dunha nena que descobre as cartas do seu tio moncho e revive unha historia de amor na época da guerra civil.
María Ourille 3ºA
Conta saldada, é un libro de intriga que narra a historia dunha nena á que se lle apareceu o seu pai falecido para decirlle que o asasinaran. Desde este momento a rapaza comenza a búsqueda do asasino, ¿atoparao? Deixovos a dúbida para que o investiguedes :)
Eu estou lendo Corredores de sombra,que trata dunha nena que nos veráns vai ca súa familia ao Pazo dos seus avós,e encontra un morto escondido,ela quere descubrir quen foi o asasino e porque se encontra alí ese morto.O libro ten partes un pouco aburridas,pero outras que enganchan,eu recoméndovolo.
Hai tempo que lein o libro de "Unha estrela no vento" o libro estaba ben era interesante e acabei rápido. O final sorprendeume porque non esperaba que acabara así. Recoméndovolo!!
Alba Mato 3ºA
Lin " A sombra descalza". O libro trata sobre unha rapaza que por curiosidade descubre segredos da súa familia que perxudican aos homes da súa familia principalmente. O libro non me gustou.
Rebeca, 3ºA
Eu estou lendo Corredores de sombra,que trata duhna nena que os veráns vai ao pazo dos seus avós.Alí encontra un morto e quere descubris quen foi o asasino e porque.O libro esta bastante ben engancha aínda que hai partes que son un pouco aburridas.Recoméndovolo.
Eu lin A caza do ghazafello: o libro non estña mal pero hai outros moito mellores, trata dun rapaz que entra nunha fraga máxica que vivirá aventuras nunca pensadas e descubrira algo que cambiara a súa vida
Cristian 2ºB
Eu lín "Chamádeme Simbad" , un libro que trata dun vello con Alzheimer que dí ser o Rei dos 7 mares, e mándalle cartas a un tal "Simbad" para que sepa onde se atopa, ate que ó final descubre que se esconde nunha taberna.
Óscar Rodríguez
O libro que lin eu e Deixo Medrar e fala sobre a hitoria dun rapaz que xoga ao futbol e seu pai non esta co xogo do equipo.Despois coñece a unha rapaza que lle acaba gustando e deixa o futbol un pouco de lado.
Lin Febre un libro un pouco forte que trata da época da febre do wolframionas miñas de san finx contada por un avó a sua neta e prtagonizada por Carmucha
Cristian 2ºB
Eu veño de ler un clásico da literatura universal, "La Divina Comedia", de Dante. O certo é que inda que custe un pouco lelo , xa que fai moitas referencias e tes que andar mirando seguido o pe de páxina.
O relato é unha viaxe, chea de simboloxía por todo o mundo dos Infernos, Purgatorio, e Paraíso Cristianos e unha viaxe de decisión entre a Fé ( a súa muller, Beatriz) ou a Razón ( o seu compañeiro, Virxilio).
A devorar o seguinte, Saúde!
Daniel Paradela Dosil 4ºB
O libro que eu lin chamase A sombra descalza.Vai dunha rapaza,chamada Elsa,que vive nunha familia que garda moitos segredos sobre o seu pasado.Cando Sagrario,a irmá da súa avoa morre,o seu avó Xuliano non quere falar diso,pero a súa tía Florinda teima en entrar no seu cuarto ainda que o seu pai se opoña.Elsa,ao final acaba descubrindo os segredos da familia.
Begoña 3ºA
Ola a tod@s, vexo que non estivéchedes inactivos dende a última nosa reunión, estupendo!!!
Estiven lendo os vosos comentarios e non todos incluídes a vosa valoración do libro ou se o recomendaríades a outros lectores/as. É moi importante para nós saber se o libro vos gustou ou non, xa que son os libros que vos gustan os que logo se recomendan na biblioteca cando nos preguntan. Igualmente a vosa opinión serve para decidir compras novas. Bikos lectores a tod@s.
EL MUNDO PERDIDO
É un libro que trata duns exploradores que van a Ámerica e descubren un novo tipo de terra, digamos un ecosistema donde hai uns animais raros entre eles dinosaurios.
O libro recomendo para alumnos de 2º ou 3º da ESO, aínda que a min no me gustou.
Sergio Romeu Agraso 2º ESO B
Publicar un comentario