
Este é o seguindo ano que se celebra o Día da Ciencia en Galego; este ano adicado a Marie Curie e a María Wonenburguer.
Aproveitando esta festividade, tedes no corredor principal unha exposición que fai referencia a esta data: por un lado, libros que falan da biografía e estudos científicos de Marie Curie e unha serie de libros sobre as matemáticas e algúns datos biográficos de María Wonenburguer.
Todos os libros expostos poden atoparse na biblioteca!

Marie Curie, foi investigadora en química e física; de nacionalidade polaca e francesa. Foi a primeira persoa en recibir dous Premios Nobel. O seu principal campo de investigación foi a radioactividade.
María Wonenburguer é unha prestixiosa matemática galega... de Oleiros, concretamente. Marchou a Estados Unidos cunha prestixiosa beca Fullbright e alí desenvolveu a súa labor investigadora. No seu retiro volveu a Oleiros onde vive actualmente. Estudiou a Teoría de Grupos Finitos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario