domingo, 6 de noviembre de 2011

Antídotos contra o medo

Catro relatos para contar unha noite de tormenta, nunha casa perdida no medio do monte e diante dun bo lume... Seríades capaces de durmir despois?
Xabier P. Docampo obtuvo o "Premio Nacional de LIJ". Recoméndovos a visita do seu blog onde poderedes aprender e disfrutar ó mesmo tempo.

EU TEÑO MEDO...

Cando petan na porta pola noite.

A estar só cando non quero estar só.

A estar no medio de moita xente

A quedar só no mundo

A non morrer nunca

A morrer pronto

A morrer estupidamente nunha estrada

A quedar inútil

A tolear

A que lles pase algo aos meus

A que os que quero non me queiran

A perder o gusto polas cousas que me gustan

A ter que vivir sempre nunha cidade

A que non haxa flores

A que non haxa animais en liberdade

A non poder mirar as estrelas pola noite

A non poder mirar a paisaxe no outono

Ao mar (desde o mar)

A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro

A que non haxa troitas nos ríos

A ter que ir á guerra

Á guerra, aínda que non teña que ir

Ás almas miserables

Aos que sempre din a verdade

Aos que menten sempre

A pasar fame

Aos contos de medo

Ás películas de medo

A ir ao dentista

A montar en avión

A non ter medo a nada

A ter moito medo

Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta

A...

E falando de medos Joanne Harris propón o chocolate como antídoto na súa novela "Chocolat", que foi levada ó cine por actores tan coñecidos como Johnny Depp, Juliette Binoche e a maravillosa Judy Dench no papel de Armande. Poderíamos falar das moitas diferencias entre o libro e a película...pero deixamos que nolas contedes...

Para os/as mais atrevidos/as e que saibades algo de inglés recoméndovos que visitedes o blog de Joanne Harris.

e se queredes descubrir máis secretos sobre o chocolate facede clic aquí


Este libro foi seguido nove anos despois pola segunda parte "Zapatos de Caramelo" onde o papel da maxia vese intensificado con respecto á primeira novela. A acción trasládase a París, en pleno Montmartre e, supoñemos que por influencia da película, os protagonistas Vianne e Roux...








Cal é a vosa opinión sobre estes libros?




1 comentario:

Anónimo dijo...

Yo no pienso que sea un libro de miedo,más bien desagradable o violento.Cuando acabo de leer un libro por lo general me quedo "bien" y con este no me sucedio.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...