Este luns 13 de febreiro reunímonos as integrantes do club de lectura adultos para comentar as nosas impresións sobre o libro de María Dueñas, prácticamente todas coincidimos en que o libro ten dous ritmos diferentes: unha primeira parte que nos enganchou, con personaxes e situacións moi atractivas (Candelaria, Félix, a relación co seu amante, as peripecias ata montar o salón de costura...) e unha segunda parte algo máis fría e un chisco anodina dende que comeza a andaina de espía da protagonista. Gustounos e sorprendeunos que se volvese a tratar a guerra do wolframio, neste libro dende o trafego de mineral entre Galiza e Portugal.
Déixovos tamén esta ligazón a un blog temático sobre o libro, blog realmente interesante....
2 comentarios:
Para min tamén foi decaendo a obra a medida que avanzaba. Gustoume moito máis a primeira parte, ao final xa me pareceu demasiado Mata Hari a protagonista. Con todo, pasei bos anacos con ela.
Eu teño que dicir que a min persoalmente encandiloume dende o principo ata o final. Disfrutei coa historia amorosa, coa retrospectiva da situación política daquela época, coas personaxes, ca mención ó wolframio, cos lugares... en fin, que me deixou moi embelasada e coas gañas de saber máis...
Publicar un comentario