martes, 10 de diciembre de 2013
3ª Reunión do Clube de lectura dos Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria.
Neste mes de decembro os dous clubes de lectura, o de Pícaros e o de Rapaces, fixemos a mesma actividade.
Ó igual que nos meses anteriores, os de terceiro curso reunimonos o primeiro luns do mes, os de cuarto o segundo luns do mes e os do terceiro ciclo o primeiro martes do mes.
Nestas reunións estivemos traballando co libro "O bosque animado", xa que no mes de xaneiro levarase a cabo un roteiro literario pola fraga na que está baseada este libro (a fraga de Cecebre).
O primeiro que fixemos foi ver un anaco da película "El espírutu del bosque", do minuto 25 ao 35, no que o "clan dos gatos" intenta cazar un boi na nomeada fraga de Cecebre. Este pedazo da película fíxonos rir moito a todos.
Logo, lemos por turnos, a estancia VI do libro, que se titula "o clan dos gatos" e se corresponde co que vimos da película.
Na vindeira reunión, no mes de xaneiro, seguiremos lendo e comentando o libro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario