Este trimestre estivemos ao comezo con Servizo de urxencias, unha obra teatral de Suso de Toro, que liamos de xeito dramatizado na aula e coa que pasamos bos anacos. Pero o que podemos chamar " a lectura do trimestre" foi El bosque animado. Ao comezo resultounos
de lectura difícil, porque é moi lento,
debido a que hai descricións moi detalladas.
Os capítulos son moi diferentes:
nuns predomina a intriga, noutros o amor, noutros a aventura, nalgúns o humor….
Ten unha gran cantidade de
personaxes, algún dos cales aparecen e desaparecen case sen darnos conta. Os
personaxes que máis nos gustaron foron Xeraldo e Hermelinda, pola súa historia
de amor; tamén, nos resultou simpático Fendetestas, un bandido de bo corazón.
Pero hai personaxes bondadosos (por exemplo o tolo de Bos, que posúe unha
tolemia “xenerosa”); outros malignos (como Xoaniña de Arruallo, que abusa da
criada e a maltrata); cómicos (como as irmás Roade, que non se adaptaron ao
noso bosque)…
Por certo, é un bosque
humanizado, no que os animais están personificados, e moi galego, cos nosos
carballos, castiñeiros, ríos con troitas…

Cando vimos a película de J. L.
Cuerda notamos moitas diferenzas. Na peli non aparecen as historias de animais,
pensamos que porque sería incrible mesturar todo. Tampouco a historia de
Hermelinda e Xeraldo é igual.
En fin, que vos recomendamos esta
lectura, tan entretida e tan galega. Animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario