O sábado 18 de xaneiro viaxamos a terras coruñesas para averiguar o máximo posible sobre a vida, obra e época de Wenceslao Fernández Flórez, o autor de, entre outros libros "O bosque animado", enlazando así co PDI deste curso "A fraga máxica". Aproveitamos incluso o traxecto xa que tivemos ocasión de ver a peli "El bosque animado" de José Luis Cuerda.
Primeiro fomos á Coruña, e alí separámonos en dous grupos, mentras un dos grupos visitaba a Casa- Museo Picasso, o outro aproveitou para mercar libros na FNAC. Aquí podedes ver un dos grupos na Casa-Museo Picasso.
Como na casa non cabiamos todos nunha quenda, fixemos dous grupos outra vez, mentres uns visitaban a casa os outros faciamos actividades no museo instalado na planta baixa. Uns fixemos pombas voadoras multicores, outros xogaron cunha pizarra máxica ás adiviñas.
Aínda que non tiñamos moito tempo subimos ata o Monte de San Pedro, para ter unha perspectiva xeral da Coruña moderna... e para que nos dese gañas de voltar a exploralo con calma!
Chegamos para comer na "Vila Florentina", a casa-museo de Wenceslao, onde as nosas amables anfitrionas ofrecéronnos te e café que, nesa xornada tan destemplada, sóubonos a gloria! De novo fixemos grupos e, mentres uns visitaban a casa...
Outros xogaban ao croquet, como se de "Alicia no país das marabillas" fose....
Outros estiveron vendo "O bosque animado" na súa versión de debuxos animados.
A verdade é que foi unha xornada estupenda, e ata o tempo deunos un pequeno respiro para gozar destas actividades.
8 comentarios:
A excursión foi bastante divertida, unha das cousas que máis me gustaron foi a visita a casa de Wenceslao e todas as entregas que realizou nela.
Gustoume moito a excursión.Foi instrutiva, a min gustoume visitar novos lugares, aparte de ir no autobús cantando e pasándoo ben,tamen fomos a unha tenda na que comprei libros.
Sara (3º A)
A excursión pareceume moi divertida sobre todo o xogo do cricket. A casa-museo Picasso foi moi didáctica respecto á obra de Picasso de neno, e de como vivían.
gustoume moito a excursión , a parte que mais me gustou foi a visita a casa de wenceslao
na escursion foi dibertida solo qui non puidemos ir a camiñata polo monte
encantoume mima pasamolo moi ben sinto a xente que non poderia vir aprendemos moitas cousas encantame club de lectura
que guai me encantou mimaaaaaaaa
gustoume moito a escursion e sobretodo estar cas amigas
Elisabeth
Publicar un comentario