martes, 21 de enero de 2014

Cuarta reunión dos clubes de lectura do segundo e terceiro ciclos de primaria.

Neste mes de xaneiro no clube de lectura do 2º e 3º ciclo de Primaria seguimos co traballo iniciado no mes de decembro. Continuamos coa lectura do cápitulo de " O clan dos gatos" do libro de "O bosque animado".
 Esta vez a lectura fíxose máis entretida xa que o sábado día 18 fomos o roteiro literario "O bosque animado" polo que @s nen@s podían comparar e entender mellor o que lían.
Antes de seguir onde o deixaramos na anterior reunión falamos un pouco sobre o roteiro que fixemos e aquelo que aprenderamos nel.
Como non nos deu tempo de rematar levaron para a casa o capítulo para acabar de lelo en compañía da súa familia.


1 comentario:

Laura Canle 6ºB dijo...

Gustoume moito o fragmento que leimos do bosque animado.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...