Para celebrar este maravilloso día, este curso organizamos un concurso para o alumnado no que lles propoñemos que creen a portada do vindeiro número 12 da nosa revista escolar Xogaina.
Tamén dende a biblioteca repartíronse marcapáxinas entre todos os profesores e boa parte dos alumnos/as, e tamén chapas para todos os membros do club de Lectura, tanto de primaria como de secundaria.
Entre os profesores celebramos a segunda edición do amigo invisible, regalándonos libros entre nós, y por suposto celebrámolo docemente cunha torta para a ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario