miércoles, 7 de mayo de 2014

Derradeira reunión do club de lectura do segundo e terceiro ciclo de primaria.



A terceira reunión do club de lectura tivo lugar a primeira semana de maio.
O primeiro que fixemos foi explicar en que iba consistir o "Roteiro Literario Díaz Castro" e recoller as autorizacións dos que ían participar nel.
Despois vimos algunhas fotos dos lugares que íamos visitar.
Por último acabamos facendo unha única representación da obra de teatro "A fraga encantada". Na reunión anterior empezáramos a representala e nesta sesión fixemola toda seguida.
Proximamente faremos unha reunión extraordinaria na que escribiremos no blog algún comentario e ademáis veremos as fotos do roteiro literario que fixemos.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...