miércoles, 14 de mayo de 2014

Roteiro "Díaz Castro"

Este sábado realizamos o derradeiro roteiro literario deste ano, unindo o noso PDI "A fraga máxica" coa celebración das letras galegas, arredor da figura de Díaz Castro. Comezamos cunha visita ó Mosteiro de Sobrado dos Monxes, e tivemos como guía ben ameno ao irmá Lorenzo (Lawrence) que nos amosou as dependencias.

Aquí nos tedes na sá capitular escoitando atentamente as explicacións sobre a vida dos monxes, concretamente sobre "chamar a capítulo" e a regra de San Benito.

E despois da visita ó Mosteiro, achegámonos á Carballeira da Casa do Gado, onde se rodou gran parte da película "El Bosque Animado" unindo así este roteiro co que xa fixeramos en xaneiro arredor da figura de Wenceslao Fernández Flórez  e a mítica Fraga de Cecebre.


Despois buscamos o carballo de Portacal en Cumbraos, e digo ben buscamos porque atopábase un kilómetro e medio máis aló da igrexa. Finalmente e como o tempo apremiaba e o programa era moi denso , desistimos por esta ocasión de facerlle unha visita. Queda pendente con moitas outras cousas interesantes que podemos ver por esta zona: (o campamento romano de Ciadella, a Cova da Serpe, o zoo de Marcelle.... hai moito mundo por descubrir!!)

Comemos nunha zona preciosa a carón do río Parga, e chegou a ora de ir comprar os xeados! Tamén aproveitamos para facer experimentos como a estrena do noso Kamishibai coa biografía de Díaz Castro, montada grazas ó traballo xerosamente compartido pola biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica e atrevímonos a ver cómo quedaba un pequeno video rodado coa nosa cámara da biblio.
E no mesmo Parga tivemos a sorte de que se nos unise don Alfonso Blanco enamorado da poesía de Díaz Pardo e coñecedor de todos os lugares que o acompañaron. No propio autocar, aproveitamos para ler varias poesías de Nimbos, mentras don Alfonso nos levaba polos sitios máis emblemáticos para o autor: a pequena igrexa de San Xoan onde están soterrados os restos do poeta, a Casa Consistorial e por suposto na Ruta da Auga e da Pedra: a dos Sete Muiños.

Aqui nos tedes, en Sete Muíños posando para o periódico "El Progreso" de Lugo, aínda que isto foi anecdótico... en realidade o protagonista eran Don Alfonso e Díaz Castro, como era de xustiza. Xa que non o mencionei antes, dicir que os poemas que limos foron:  Penélope, Esmeralda, Coma brasas e Quezais.

E a tarde estaba reservada á Fortaleza Museo de San Paio de Narla, onde fomos acollidos con agarimo por Francisca  que nos fixo de guía e animadora pola historia e dependencias da fortaleza. 
(Non vos perdades a súa crónica sobre a nosa visita AQUI)

Era unha tarde moi agradable e non nos cansabamos de escoitar a Francisca, pero non sabiamos que San Paio estaba tamén habitado por seres un pouco máis inquietantes e molestos... Por exemplo, na lareira do primeiro dormitaba unha bruxa que marchou continuar a súa siesta a outra parte ante o griterío dos nosos nenos e nenas.

Non era a única visita incómoda que teríamos xa que unha fada mala saiu da sala do tear, como se tivese gañas de enfeitizarnos e facernos durmir máis de cen anos... Menos mal que Francisca a detivo e a mandou de volta polos sotos da fortaleza

Xa no alto da torre, tras ter visitado todo o museo fixemos unha parada para ler o poema Nimbos, coas vistas inmellorables sobre a Terra Cha que nos cercaba.

O resto do tempo foi para un obradoiro de poesía ou relato arredor dunha peza do museo elexida por cada un dos nenos ou nenas que despois colorearon e pegaron nunha cartolina que temos expostas diante da nosa biblioteca.

Amosando as súas creacións...

mentras no ambiente flotaba o inconfundible cheiro a ...


...PALOMITAS!! e que neste museo pensan en todo! unha sorpresa moi agradable que agradecemos ao persoal do museo que nos tratou cunha amabilidade extrema en todo momento e que dende logo non esqueceremos.
Pero antes de coller o camiño de volta sacamos as mochilas para dar conta das merendas que quedaban.. que aínda faltaba moito para chegar a casa.


A nosa última parada foi para pechar o círculo e ver a lagoa de Sobrado dos Monxes. E recordando que o río Tambre nace neste concello, collemos carreiriña e voltamos para casa, cun pequeniño retraso como sempre... pero contentos. Estamos desexando xa que o vindeiro curso comece para ver que roteiros nos deparan as nosas lecturas. 

Pero ata entón, ainda queda a II FESTA DA LECTURA con máis sorpresas.
GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS E POR LERNOS.
- e grazas tamén por deixar os vosos comentarios -


9 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moitisimo a excursion.


Pablo.3ºa

Eu non fun.
Pero gustoume o club de lectura.

Maria.3ºa

Anónimo dijo...

Hainda que non fun a excursion, pareceume moi chulo.
Andrea e Noelia 3ºA.

Anónimo dijo...

gustounos moito o club de lectura. Ainda que non fomos a excursion pareceunos moi chulas as fotos da excursion. de candela e estela.

Anónimo dijo...

O club de lectura , e moy guai e
gustounos moito e pasamolo moi ben.
SARAY E ENARA.3-B E 3-A.

Anónimo dijo...

eu non fun a excursion pero vin as fotos e foi moi bonita me encanta cluc de lectura e moi dibertido e a parte que mais me gustou foi cando saeu a bruxa .
ines costa rodrige 3a

Anónimo dijo...

Gustaronme moito as 2 escursions. Na 2ª excursion aburrinme un pouco porque non viñeron as miñas amigas. Gustoume moito o club de lectura ,ainda que non fun as excursions , polas fotos seria moi dibertido.MOTAS GRAZAS POLA DIVERSION.
DE NOA CRUZ E DE NOA TUBIO 3ºB

Club de lectura de 3º ciclo dijo...

Gustoume moito o roteiro de Díaz Castro, sobre todo as explicacións do guía e as sorpresas da fortaleza.

Anónimo dijo...

A min gustoume cando fomos a fortaleza de San Paio de Narla.
Pero non me gustou tanto cado fomos o mosteiro ,pareceume un pouco aburrido.Pero ainda asi paseino moi ben :)

Rita 2ºB

Anónimo dijo...

A min gustoume pero pareceume un pouco aburrido.O que mais me gustou foi a fortaleza,pero polo demais ben.
Claudia

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...