O club de lectura de 3º de PDC limos en xaneiro unha das
obras de teatro recollidas en “Teatro breve” de Alberto Miralles. A escollida
foi a titulada “¡Quedan detenidos!” porque presenta ao redor de sete
personaxes, mentres que as demais obras teñen dous ou tres.
Os feitos desenvólvense no cárcere, onde a raíz dunha redada antidroga, van
compartir cela personaxes de moi diferente tipo social: un deputado, unha nai,
un xornalista, unha prostituta, un travestí... Mediante unha postura crítica
pero en clave de humor, vaise por de manifesto a solidariedade do pobo fronte
ao egoísmo dos poderosos.
Resulta interesante ver a cantidade de feitos e de diálogos que hai sen que
saian do cárcere no que se atopan estes personaxes. Sobre todo é unha obra de
teatro divertida. Destacariamos o xogo que hai co deputado, o personaxe do
“camelo”, a pelexa entre Maruja e Trini, e certas expresións. Para saber a que
nos referimos teredes que ler a obra.
A única cousa negativa é que para entender determinadas expresións ou críticas é preciso coñecer o contexto no que o autor escribiu esta obra porque ten moito que ver coa situación política que vivía España na década dos 60.

1 comentario:
Se tedes o libro rematado gustaríame moito lelo!!! Bks. Susi
Publicar un comentario