Neste mes de xaneiro no clube de lectura do 2º e 3º ciclo de Primaria seguimos co traballo iniciado no mes de decembro. Continuamos coa lectura do cápitulo de " O clan dos gatos" do libro de "O bosque animado".
Esta vez a lectura fíxose máis entretida xa que o sábado día 18 fomos o roteiro literario "O bosque animado" polo que @s nen@s podían comparar e entender mellor o que lían.
Antes de seguir onde o deixaramos na anterior reunión falamos un pouco sobre o roteiro que fixemos e aquelo que aprenderamos nel.
Como non nos deu tempo de rematar levaron para a casa o capítulo para acabar de lelo en compañía da súa familia.
1 comentario:
Gustoume moito o fragmento que leimos do bosque animado.
Publicar un comentario