Mostrando entradas con la etiqueta 2º ciclo eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ciclo eso. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2013

El bosque animado

Este trimestre estivemos ao comezo con Servizo de urxencias, unha obra teatral de Suso de Toro, que liamos de xeito dramatizado na aula e coa que pasamos bos anacos. Pero o que podemos chamar " a lectura do trimestre" foi  El bosque animado. Ao comezo resultounos de lectura difícil, porque é moi  lento, debido a que hai descricións moi detalladas.
Os capítulos son moi diferentes: nuns predomina a intriga, noutros o amor, noutros a aventura, nalgúns o humor….
Ten unha gran cantidade de personaxes, algún dos cales aparecen e desaparecen case sen darnos conta. Os personaxes que máis nos gustaron foron Xeraldo e Hermelinda, pola súa historia de amor; tamén, nos resultou simpático Fendetestas, un bandido de bo corazón. Pero hai personaxes bondadosos (por exemplo o tolo de Bos, que posúe unha tolemia “xenerosa”); outros malignos (como Xoaniña de Arruallo, que abusa da criada e a maltrata); cómicos (como as irmás Roade, que non se adaptaron ao noso bosque)…
Por certo, é un bosque humanizado, no que os animais están personificados, e moi galego, cos nosos carballos, castiñeiros, ríos con troitas…
O libro axudounos a coñecer vellos costumes e tradicións: a Santa Compaña, a consulta ás bruxas e os meigallos, os “recados” aos mortos…; e vellos traballos, como os poceiros, as leiteiras, o muíño…
Cando vimos a película de J. L. Cuerda notamos moitas diferenzas. Na peli non aparecen as historias de animais, pensamos que porque sería incrible mesturar todo. Tampouco a historia de Hermelinda e Xeraldo  é igual.

En fin, que vos recomendamos esta lectura, tan entretida e tan galega. Animádevos!

lunes, 11 de junio de 2012

Leoleo recomenda... "Los elementos"

Este libro de Theodore Gray, cunha fotografía maravillosa, textos súper amenos e outros datos imprescindibles como a colocación na táboa periódica, a orde de colocación dos electróns, o espectro de emisión, a estrutura cristalina e os puntos de fusión e ebullición, presentados dunha forma visualmente impactante, o que favorece a asimiliación dos coñecementos, faravos pasar un rato divertido coas anécdotas e a facilidade da lectura e tede por seguro que ides aprender moito!!
Extremadamente recomendable para segundo ciclo de secundaria e científicos/as afeccionados/as ou en ciernes...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...