Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura 5º e 6º de EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura 5º e 6º de EP. Mostrar todas las entradas
miércoles, 19 de junio de 2019
Festa da lectura: Obradoiro para terceiro ciclo de primaria, club de exploradores
Para o alumnado de terceiro ciclo de primaria, que amosaron unha grande afición teatral, Alba Souto preparou un obradoiro de improvisación de situacións teatrais, que foron intepretadas con grande entusiasmo e moitas risas por parte do alumnado participante.
A animadora do Club, María Jesús tamén aproveitou a festa para amosarlles as novas adquisicións en teatro que fixo a biblioteca cara a vindeiras edicións do club de lectura, con fondos de teatro tanto para primaria como secundaria. Igualmente tiveron a oportunidade de coñecer o blog da biblioteca e deixar os seus comentarios así como as súas valoracións.
miércoles, 12 de junio de 2019
Enquisa final do club de lectura
Enquisa para 2º Ciclo de Primaria Club de Piratas clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui
Enquisa para 3º Ciclo de Primaria Club de Exploradores clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Banda Deseñada clica eiqui
Enquisa para Secundaria Club de Cine e Intriga clica eiqui
martes, 14 de mayo de 2019
Club de lectura exploradores, derradeira sesión de este curso
E todo chega ao seu fin, como a historia de Carmiñae e Manolitus, entre risas e máis risas. Agardamos que o pasedes tan ben lendo esta peza de teatro coma nós. Vémonos o vindeiro curso.
Boas lecturas!!
martes, 9 de abril de 2019
Reunión do club de lectura de 3º ciclo de primaria
De novo a risas con esta obra; nesta ocasión representamos a segunda escea do acto primeiro. E como acordáramos o mes pasado, non queremos agardar un mes para seguila representando de modo que acordamos facer a única escea do segundo acto este xoves 11.
martes, 12 de marzo de 2019
Club de lectura 3º ciclo primaria de marzo: A voltas co teatro!
Seguimos coa nosa representación da obriña teatral "O Achado do Castro", de Núñez Singala. Decidimos volver a representala dende o principio, xa que nos gustou tanto que se nos uniron máis compañeiros e compañeiras. As risas foron moitas e para o vindeiro mes ... imos facer sesión dobre para poder facela seguida, así que acordamos ter dous días do club en lugar de un.
De verdade que vola recomendamos se queredes botar unas boas gargalladas!!!
martes, 12 de febrero de 2019
Reunión do club de lectura de 3º ciclo: O achado do Castro
Este mes de febreiro adicámolo a ler teatro, fixemos unha lectura dramatizada do primeiro acto desta divertida obra teatral... e botamos unhas boas risas...
Agardámosvos o vindeiro mes para seguir coas aventuras de Carmiñae e Manolitus!
viernes, 25 de enero de 2019
Club de lectura cómic: Obradoiro de cómic por Fon Barreiro
Co gallo do festival de Angulema e en colaboración co departamento de francés o venres 25 de xaneiro organizamos un obradoiro de cómic para alumnado de 5º e 6º de primaria (dúas primeiras horas da mañá) e 1º e 2º de ESO (dúas últimas horas da mañá). O alumnado de primaria creou unha persoaxe orixinal para Curuxa e os de secundaria organizaron un story-board a partires dun guión previamente redactado.
Fon Barreiro, o primeiro pola dereita na imaxe.
jueves, 17 de enero de 2019
Club de lectura 3º ciclo primaria: Explorando versos
Nesta sesión exploramos os versos da nosa poesía e vimos que hai poemas adicados ás cousas máis diversas: animais, culleres, froitas, o mes de xaneiro ou mesmo ás páxinas web!
Despóis de escoitar os distintos poemas animámonos a facer acrósticos e caligramas pola nosa conta... pasámolo pipa!!
martes, 4 de diciembre de 2018
Reunión do club de lectura de 5º e 6º de primaria
Nesta ocasión seleccionamos un libro de An Alfaya, que nos fala de Silvino, un rapaz que non era ben aceptado por ter o "defeuto" de facer poesía...
Pero no noso club non estiveron de acordo e pensaron que a poesía e moi bonita, divertida, triste... depende, mesmo un dos nosos exploradores de libros improvisou unha estrofa...
Decidimos adicar a vindeira sesión do noso club de lectura a ler poesía, propia e allea...
Verémonos alí!!
martes, 6 de noviembre de 2018
Club de lectura terceiro ciclo de primaria novembro: O meu pesadelo favorito
Neste mes de Samaín, aproveitamos para pasalo ben cun espíritu chuchón do máis gracioso.
Se queredes rir e pasalo de medo recoméndovos este libro de María Solar.
lunes, 8 de octubre de 2018
Club de lectura de exploradores: 5º e 6º
Este curso os lectores e lectoras de terceiro ciclo de primaria desexamos explorar libros, contos, bibliotecas, países e reinos reais e imaxinarios, de modo que estamos dispostos a non deixar recuncho sen remexer para sacar á luz as máis fascinantes historias...
Aquí vos van algunas que xa lemos e que nos gustaron:
- O libro de Malala.
- Croqueta e Empanadilla.
- A serie Torres de Mallory.
- Agu Trot.
- Zapatillas rojas
- Harry Potter
- Escarlatina a cociñeira defunta
- One Piece
- Zipi y Zape.
- El diario de Greg
....
Aquí vos van algunas que xa lemos e que nos gustaron:
- O libro de Malala.
- Croqueta e Empanadilla.
- A serie Torres de Mallory.
- Agu Trot.
- Zapatillas rojas
- Harry Potter
- Escarlatina a cociñeira defunta
- One Piece
- Zipi y Zape.
- El diario de Greg
....
miércoles, 2 de mayo de 2018
Reunión do club de lectura de 6º:
Gustounos tanto o Romance de Micomicón e Adelala da reunión do mes anterior, que quixemos darlle outra volta. Desta vez os alumnos marcaron moi ben os personaxes, coas esaxeracións propias dunha farsa, como o é esta peciña de teatro de Blanco Amor.
Esta foi a derradeira xuntanza deste curso. Ata o vindeiro!!!
miércoles, 11 de abril de 2018
Reunión de abril do grupo de 6º de Primaria
O mércores 11 de abril celebramos a xuntanza mensual do Club de sexto de primaria. Dedicámolo ao teatro, a unha farsa moi divertida de Eduardo Blanco Amor, Romance de Micomicón e Adhelala. Gustou moito e igual voltamos traballar con ela na reunión de maio.
viernes, 9 de febrero de 2018
Club de lectura: Reunión de 5º e 6º
Esta semana tivemos as xuntanzas mensuais de quinto e sexto de primaria. O tema foi O Entroido. Fixemos un percorrido por distintas vilas galegas e falamos das súas máscaras e tradicións (Laza foi o preferido), tan coloridas e vistosas. Aquí unha foto da xuntanza de sexto:
lunes, 15 de enero de 2018
Clubs de lectura de Primaria: reunións de xaneiro; Desexando Paz
Este mes de xaneiro, as xuntanzas dos Clubs de Lectura de primaria versaron sobre a paz. Leron textos de A. García Teijeiro, Gloria Fuertes e Gloria Sánchez. Logo escribiron as súas mensaxes en pombas e velaquí o resultado que compartimos con todos:
domingo, 10 de diciembre de 2017
1ª e 2ª reunións do club de lectura de 5º de Primaria
Os alumnos do Club de quinto de primaria tiveron a segunda xuntaza do ano. Leron unha adaptación dialogada do Conto de Nadal de Charles Dickens e intercambiaron opinións sobre a lectura.
E aproveitamos para que teñades imaxes da reunión do mes pasado, dedicada ás orixes do Samaín.
E aproveitamos para que teñades imaxes da reunión do mes pasado, dedicada ás orixes do Samaín.
lunes, 4 de diciembre de 2017
Segunda reunión club lectura Sexto de Primaria: Dickens e Wilde
ESTE LUNS 4 DE DECEMBRO,TIVEMOS A SEGUNDA XUNTANZA DO CLUB EN 6º DE PRIMARIA. TOCOULLES A QUENDA A CHARLES DICKENS E O SEU CONTO DE NADAL E A ÓSCAR WILDE E O PRÍNCIPE FELIZ. VALÉRONNOS PARA REFLEXIONAR SOBRE MOITOS TEMAS: O AMOR, A FAMILIA, A AMIZADE,ETC. E COMPARTIR AS COUSAS E SERMOS UN CHISQUIÑO MELLORES PERSOAS.
lunes, 6 de noviembre de 2017
Club de Lectura: grupos de Primaria
Este mes de novembro comenzamos cos Clubs de primaria, Os alumnos de 6º tiveron a primeira sesión con Cristian o luns día 6 e os de 3º e 4º con Nerea o martes 7. Mirade unha foto dos alumnos de 6º, si que estaban ben contentos!!!
A vindeira semana tócalles aos de 5º.
A vindeira semana tócalles aos de 5º.
martes, 2 de mayo de 2017
Derradeira sesión do club lectura 3º ciclo: Valle- Inclán
Como na sesión anterior o pasamos tan ben representando, quixemos repetir a experiencia e esta vez foi con Cabeza de Drangón de Valle-Inclán. Observamos que a linguaxe empregada polo autor era moi diferente da de Carlos Casares.... Esta foi a nosa derradeira sesión por este curso, xa que en xuño temos cambio de horario. Que sorpresas agardarannos no club o vindeiro ano? Teremos que esperar algúns meses para sabelo....
martes, 4 de abril de 2017
Oitava sesión do club lectura 3º ciclo: Lendo a Carlos Casares
Nesta sesión fixemos unha lectura dramatizada de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Entre todos repartímonos os papeis ao noso gusto e pasámolo de maravilla representando parte da obriña... gustaríanos repetir....:)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)